Movistar vén de anunciar unha nova tarifa que xa está dispoñíbel para contratar. Trátase do produto Conecta Autónomos 1 Gb, un servizo de conectividade fixa que pon a disposición das traballadoras autónomas unha conexión fixa de 1 Gbps simétrico e persoal experto tecnolóxico.
En concreto, o novo produto inclúe a conexión de fibra de 1 Gbps simétrico, unha liña telefónica con teléfono e tarifa plana a fixos e móbiles e o servizo Experto Tecnolóxico, un sistema de soporte técnico e informático para resolver todas as dúbidas ou incidencias en calquera dispositivo (tanto dispositivos IoT como PCs, móbiles ou tablets), de forma que a traballadora pode adicarse ao seu negocio.
A cota mensual deste servizo é de 50 €/mes, aínda que de maneira promocional pódese contratar por 40,99 €/mes durante 12 meses para contratacións online.