Lowi multiplica por 6 a velocidade do seu produto “só fibra”

Cada vez son máis as usuarias que contratan servizos de conectividade máis simples, como é o caso das conexións de fibra no fogar sen máis servizos engadidos que a propia conexión á rede, que prescinden de “extras” como a telefonía fixa ou a televisión. Entre as compañías que ofrecen este tipo de produtos “só fibra” está Lowi, a marca de baixo custe de Vodafone.

A operadora vén de anunciar a mellora da súa oferta mantendo o seu prezo, de maneira que tanto a nova clientela como a clientela actual poderá desfrutar de 600 Mbps no canto dos 100 Mbps de velocidade que viñan tendo até o de agora polo mesmo prezo de 29,95 €/mes.

Con este cambio, a oferta de Lowi de produtos só fibra e converxentes resúmese nestas posibilidades:

  • Só fibra (600 Mbps): 29,95 €/mes.
  • Fibra 300 + móbil (ilimitadas + 10 GB): 29,95 €/mes.
  • Fibra 300 + móbil (ilimitadas + 50 GB): 34,95 €/mes.
  • Fibra 600 + móbil (ilimitadas + 50 GB): 39,95 €/mes.

Lowi permite ademais contratar até 4 liñas adicionais desde 2,95 €/mes con chamadas ilimitadas e 5 GB, 5,95 €/mes por 15 GB e 9,95 €/mes por 25 GB. Todas elas poden compartir gigas entre elas (ou con outros clientes de Lowi), así como acumular os non consumidos.

Sobre o autor

No Responses

Reply