2 liñas de 20 GB e fibra 300 Mbps por 36,90 €, a nova oferta de Lowi

Logo de ter multiplicado por 6 a velocidade da súa fibra básica, Lowi vén de anunciar o lanzamento dunha tarifa para quen busca unha boa oferta converxente para o regreso á actividade tras o verán. Trátase dunha nova tarifa contratábel até o 31 de outubro, que permite ás usuarias acceder a fibra óptica de 300 Mbps e dúas liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 20 GB de datos cada unha por 36,90 €/mes para sempre.

Esta promoción é compatíbel coa actual oferta de liñas adicionais, polo que aquelas usuarias que necesiten liñas a maiores das dúas incluídas poden sumar ao contrato até un máximo de tres liñas extra, con chamadas ilimitadas e 5, 15 ou 25 GB por 2,95, 5,95 ou 9,95 €/mes adicionais.

Ademais, a nova oferta mantén as vantaxes presentes en todas as tarifas de Lowi, como a acumulación dos datos non empregados dun mes para outro ou a posibilidade de compartir os gigas con outras usuarias da compañía.

Sobre o autor

Reply