O ecosistema Galaxy co que Samsung encara o treito final de 2022

Samsung presentou días atrás no seu tradicional Unpacked de verán os seus dispositivos do ecosistema Galaxy, un conxunto de trebellos cos que o fabricante surcoreano afronta o último treito deste 2022, e que inclúen os novos modelos de smartphones encartábeis, reloxos intelixentes e auriculares sen fíos.

Galaxy Z Flip4 e Z Fold4

Tras o éxito dos modelos de 2021, Samsung continúa a súa aposta polos seus dos smartphones diferenciais, os encartábeis Galazy Z Flip4 (tipo cuncha), e o Galazy Z Fold4 (tipo libro). Ambos os dous ofrecen factores que fan que sexan dispositivos altamente personalizábeis que ademais contan cun rendemento mellorado.

Se ben é certo que esteticamente non nos atopamos con moitos cambios con respecto ás variantes anteriores, o fabricante apunta que o Z Flip4 ve incrementadas as súas posibilidades de cámara e engade unha batería máis duradeira, mentres que o Z Fold4 ofrece ás usuarias importantes novidades na multitarefa e tamén na cámara. En ambos casos, como é lóxico, tamén se ve mellorado o rendemento do procesador.

O punto forte do Z Flip 4 é o seu deseño compacto, en forma de cuncha, que ademais permite facer múltiples funcións sen tan sequera abrir o dispostiivo, como realizar chamadas, responder mensaxes de texto ou controlar o widget de SmartThing Scene. A súa batería é de 3.700 mAh con carga últra-rápida (50% en 30 minutos), e a súa bisagra resulta máis fina.

Pola súa banda, o Z Fold4 é o smartphone máis potente de Samsung a día de hoxe, e conta con Android 12L preinstalado, unha versión especial de Android creada por Google para aproveitar ao máximo as experiencias en pantallas grandes e encartábeis. Destaca pola multitarefa, coa nova barra de tarefas (Taskbar), con deseño semellante a un ordenador, que dá acceso ás apps recentes e favoritas das usuarias.

Galaxy Watch5 / Watch5 Pro

A última xeración de smartwatches de Samsung nacen coa pretensión de seguir axudando ao desenvolvemento de bos hábitos de saúde e benestar, mellorando as prestacións dos modelos anteriores do fabricante. Incorporan o sensor BioActive de Samsung, para a monitorización dixital da saúde, que xa coñeciamos da serie Watch4, e que utiliza tres sensores para recopilar datos exhaustivos entre os que se inclúe o ritmo cardíaco, a cantidade de oxíxeno en sangue ou o nível de estrés.

Ofrece unha experiencia de principio a fin, que vai máis aló das actividades físicas, e abarca tamén a fase inmediatamente posterior ao adestramento, o descanso e o proceso de recuperación. A ferramenta de medición Body Composition proporciona unha imaxe completa do estado de saúde xeral das usuarias, e lles ofrece un programa personalizado para definir as súas metas, guialos durante os adestramentos e controlar o progreso.

Tamén fai un seguemento dos patróns de sono, e na parte técnica, forece maior autonomía cunha batería un 13% maior, que ademais carga un 30% máis rápido ca na xeración anterior.

Galaxy Buds2 Pro

Xunto aos novos smartphones, Samsung tamén presentou os Galaxy Buds2 Pro, uns auriculares de primeira liña que brindan a experiencia de son máis inmersiva, cun deseño compacto e unha conectividade sen interrupcións. A calidade de audio é de alta fidelidade Hi-Fi de 24 bits, e conta cun alto rango dinámico. O novo Samsung Seamless Codec (SSC HiFi) permite que a calidade da música sexa transferida sen pausas, e o novo altofalante coaxial de 2 vías fai que eses sons sexan máis ricos ca nunca.

O seu deseño, compacto e ergonómico, fainos un 15% máis pequenos, fun firme axusto ao oído deseñado para evitar a rotación, evitando que caia ao facer exercicio. Dispoñen de cancelación de ruído (ANC) exterior, e un novo método de multiconexión para cambiar rapidamente de dispositivo ao que se conectan.

Dispoñibilidade e prezos

O Galaxy Z Flip4 pódese adquirir en morado, rosado e azul por 1099 € (128 + 8 GB), 1159 € (256 + 8 GB) ou 1279 € (512 + 8 GB). Ademais, a edición Bespoke Edition está dispoñíbel por 1199 € con 256 + 8 GB.

Pola súa banda, o Galazy Z Fold4 pódese adquirir nas cores Burgundy, Gray Green, Beige e Phantom Black por 1799 € (256 +12 GB), 1919 € (512 + 12 GB) ou 2159 € (1 TB + 12 GB).

En canto aos smartwatches, o Galaxy Watch5 parte dos 299,90 € para a versión Bluetooth e desde 349 € para o modelo LTE. Está dispoñíbel na versión de 44 mm nos acabados Graphite, Sapphire e Silver, e na versión de 40 mm en Graphite, Pink Gold e Silver. O Galaxy Watch5 Pro, con pantalla de 45 mm e dispoñíbel nos acabados Black Titanium e Gray Titanium, pódese adquririr por 459,90 € na súa versión Bluetooth e desde 519 € na LTE.

Por último, os auriculares Galaxy Buds Pro2 custan 239,90 € e están dispoñíbeis en Graphite, White e Bora Purple.

Sobre o autor

No Responses

Reply