Chegan ao noso país os novos Xiaomi Electric Scooter 3 Lite e Electric Scooter 4 Pro

Xiaomi vén de anunciar o lanzamento no noso país dos seus últimos modelos de e-scooter, os novos Xiaomi Electric Scooter 3 Lite e Xiaomi Electric Scooter 4 Pro.

Equipado cun paquete de baterías optimziado, o Xiaomi Electric Scooter 3 Lite ofrece velocidades máximas de conducción de até 25 km/h e unha cómoda autonomía de 20 quilómetros, o que fai que sexa un produto axeitado para viaxes de curta distancia. Está equipado cun motor de 300W de potencia, o que lle permite subir pendentes de até o 14% de inclinación.

Pola súa banda, o modelo Electric Scooter 4 Pro incorpora un motor nominal de 700W, capaz de acadar unha velocidade máxima de 25 km/h, así como unha capacidade de 12.400 mAh de batería, o que lle permite cubrir distancias de até 45 quilómetros por carga, así como subir pendentes cunha inclinación do 20% con facilidade.

Dispoñibilidade e prezo

A Xiaomi Electric Scooter 3 Lite pódese mercar por 449,99 e nas canles oficiais de Xiaomi, mentres que o Electric Scooter 4 Pro, que tamén está dispoñíbel, ten un prezo de 799,99 €.

Sobre o autor

Reply