O portátil realme Book Prime, 400 euros máis barato en PcComponentes durante o mes de setembro

O fabricante realme anunciou esta semana unha oferta en colaboración con PcComponentes, coa que se poderá conseguir o portátil realme Book Prime durante todo o mes de setembro cun 40% de desconto, co que pasa dos 999 € habituais a 599 € na versión de 8 + 256 GB.

O realme Book Prime conta cun procesador Intel Core i5 de 11ª xeración e un sistema avanzado de refrixeración líquida con cámara de vapor que inclúe ventiladores ultra finos de alta capacidade, o que fai que sexa un 32,7 % máis eficaz á hora de disipar a calor. Ademais, tamén consegue xestionar a potencia da CPU, o que supón un aumento do 50% na disipación de enerxía.

Está equipado cunha pantalla IPS de 14 polgadas, con relación de aspecto 3:2, resolución 2160 x 1440 píxeles e un brillo máximo de 400 nits (típico de 330 nits). Ademais, consegue o 100% da gama de cores sRGB, ten unha relación de contraste 1500:1 e un ángulo de visión de 170 graos.

Dispón de conexións físicas Thunderbold 4 / USB 4, USC-C 3.2 Gen 2 e USB-A 3.1 Gen 1, ademais de jack de audio de 3.5 mm. En canto ás conexións sen fíos, é compatíbel con WiFi 5 e WiFi 6, ademais de Bluetooth 5.2.

A cámara ten calidade HD de 720p, e co obxectivo de mellorar a experienci de vídeochamadas leva dous micrófonos, con sistema de cancelación de ruído e altotalantes Harman con son estéreo afinado por DTS. En canto á batería, conta cun sistema de carga rápida de 65 W, o que permite ter o 50% da batería cargada en tan só 30 minutos.

Sobre o autor

Reply