Amazon actualiza o Kindle, que se porá á venda o 12 de outubro

A multinacional Amazon vén de anunciar a actualización dun dos seus produtos máis senlleiros, o Amazon Kindle. Trátase da nova versión do seu lector de libro máis básico, que mellora tras a anterior revisión, de 2019, incorporando novidades en aspectos como a pantalla, a almacenaxe ou na conectividade.

O Amazon Kindle 2022 ten unhas dimensións de 157,8 x 108,6 x 8 mm, e un peso de 158 gramos. A súa pantalla é de 6 polgadas, con sistema de luz integrada e resolución de 300 ppp, fronte os 167 ppp da versión anterior, co que mellora significativamente a nitidez.

Os 16 GB confírmanse como a opción máis básica de almacenaxe interna (antes eran 4 GB), e chega tamén ao fin a conexión USB-C, para unificar cargadores con outros produtos que teñamos pola casa. A conectividade WiFi admite redes 2,4 e 5 GHz e a súa batería ofrece unha autonomía – segundo o fabricante – de até 6 semanas.

En canto aos formatos compatíbeis, o Amazon Kindle 2022 admite 8 Kindle (AZW3), Kindle (AZW), TXT, PDF, MOBI (sen protección), EPUB, PRC, HTML, DOC, DOCX, JPEG, GIF, PNG e PMP por conversión.

Dispoñibilidade e prezo

Para poder facernos con este novo Kindle teremos que esperar, xa que non será até o próximo 12 de outubro cando se empece a enviar, aínda que xa nos podemos acceder á prevenda. Custa 109,99 euros, e está dispoñíbel en negro ou azul.

Sobre o autor

Reply