O fabricante chinés Honor vén de anunciar o lanzamento dun novo smartphone, o Honor X40. Trátase dun dispositivo cun deseño frontal que nos lembra a varios dos modelos de Samsung con pantalla curva, o que sen dúbida é a característica máis destacábel deste modelo enmarcado polas súas características na gama media.
No seu interior, o Honor X40 leva un procesador fabricado por Qualcomm, o Snapdragon 695 5G, xunto con opcións de 6 ou 12 GB de RAM e 128 ou 256 GB de almacenaxe interna, respectivamente. A súa pantalla é un panel curvo tipo OLED de 6,67 polgadas, con resolución Full Hd+ (2400 x 1080 píxeles) e unha taxa de refresco de 120 Hz.
Malia o “aparatoso” do seu módulo de cámara traseira, esta está formada unicamente por dous sensores, un principal de 50 MP con apertura f/1.8 e un sensor macro de 2 MP, acompañados dun flash de tipo LED. A cámara dianteira ten unha resolución de 8 MP.
Completando a ficha de especificacións técnicas, o Honor X40 inclúe unha batería de 5.000 mAh de capacidade con carga rápida de 30W, así como conectividade 5G, WiFi 6 e Bluetooth 5.1, ademais de porto USB-C. Tamén leva sensor de pegadas dixitais, situado baixo a pantalla, e como sistema operativo Android 12.
Dispoñibilidade e prezo
O novo Honor X40 xa se pode mercar na China cun prezo de partida duns 220 € na versión máis básica, de 6 + 128 GB, sen que de momento teñamos información sobre datas para a súa posíbel comercialización no noso país.
Dispoñibilidade e prezo
O novo Honor X40 está dispoñíbel na china por uns 225 € ao cambio.
en España.
En canto ás cores, chega en catro tons degradados: negro, dourado, prata e verde.