Nova Samsung Galaxy Tab Active4 Pro, unha tablet resistente para traballar

Samsung vén e anunciar a Galaxy Tab Active4 Pro, o último modelo da súa gama de tablets profesionais, que destaca polo seu deseño robustecido, o que fai que sexa un dispositivo axeitado para o traballo nas condicións máis complexas, xa que conta con certificados de resistencia de grado militar.

Malia o seu deseño resistente, a Tab Active4 Pro non renuncia a ter unhas dimensións e peso bastante contidos. Dispón dun marco delgado e un grosor de 10,2 mm, con 574 gramos de peso. A súa pantalla está protexida con Corning Gorilla Glass 5, e desñada para soportar caídas de 1,2 metros. Tamén conta con certificación IP68 de resistencia a pó e auga, e MIL-STD-810H para soportar altitudes, temperaturas, vibracións e humidades extremas.

Centrándonos nas especificacións, a Samsung Galaxy Active4 Pro está equipada cunha pantalla de 10,1 polgadas, un panel TFR LCD con resolución WUXGA (1920 x 1200), que responde a luvas de coiro de menos de 2 mm de grosor.

No seu interior leva un procesador Octa-Core de 6 nm, e está dispoñíbel en dúas combinacións de memoria RAM e memoria interna: 4 + 64 GB ou 6 + 128 GB. En ambos os casos, esta capacidade pode aumentarse a través de tarxetas microSD de até 1 TB.

A cámara principal é un sensor de 13 M con f/1.9 e flash LED, mentres que a frontal é de 8 MP con f/2.0. A súa batería é de 7.600 mAh e pode extraerse, tanto para cambiala como para traballar sen ela, por exemplo en casos nos que a tablet funcione conectada de maneira permanente á fonte de enerxía, como podería ser nun punto de venda ou controlando algún dispositivo.

No campo da conectividade temos 5G (Dual SIM), WiFi 6 de dobre banda, Bluetooth 5.2, NFC e conector USB tipo C. Tamén dispón de Pin POGO, un completo sistema de posicionamento (GPS, GLONASS, Galileo, Beidou, QZSS) e lector de pegadas dixitais.

A Samsung Galaxy Active4 Pro é compatíbel co S-Pen, o emblemático lapis de Samsung, que ademais está incluído na caixa de venda para completar as funcionalidades do dispositivo.

Dispoñibilidade e prezo

A nova tablet Samsung Galaxy Active4 Pro chega ao mercado español neste mes de setembro, debendo ser adquirida a través da canle Business do fabricante.

Sobre o autor

Reply