A mellor tarifa converxente de O2 chega a todo o país, incluíndo a zona regulada

Unha das características da oferta de O2 é que ao ser unha marca de Telefónica a dispoñibilidade das súas tarifas está suxeita á dispoñibilidade xeográfica, xa que nas chamadas zonas reguladas (onde a veciñanza só ten acceso a unha rede de fibra) está limitada a súa competencia, o que obriga a compañía a ofrecer unhas tarifas menos competitivas.

O pasado mes de agosto, a compañía mellorou a súa tarifa converxente de 600 Mbps de fibra e 100 GB de datos no móbil por 50 €, facendo que a velocidade da fibra pasase a ser de 1 Gbps (1000 Mbps) simétricos. Porén, daquela esta oferta só estaba dispoñíbel nas “zonas libres”, estando limitadas as persoas residentes en concellos regulados a contratar 600 Mbps de fibra con 30 GB de datos.

Desde hoxe, toda a clientela de O2, viva ou non nunha zona regulada, pode contratar a tarifa de 1 Gbps e 100 GB de datos por 50 euros. O cambio a este novo plan tamén será automático para quen teña contratado 600 Mbps + 30 GB no móbil.

Sobre o autor

Reply