Vivo anuncia o seu novo smartphone encartábel, o Vivo X Fold+

O fabricante chinés Vivo anunciou días atrás a actualización da súa serie de smartphones encartábeis X Fold co lanzamento do Vivo X Fold+, un trebello que segue as pautas de deseño e fabricación do seu predecesor na serie, e que en principio vai ser exclusivo para o mercado asiático.

Como grandes novidades sobre o seu predecesor na serie, o novo X Fold+ incorpora no seu interior o procesador Qualcomm Snapdragon 8+ Gen 1 Mobile Platform fabricado en 4 nm, e que destaca por un rendemento mellorado e un consumo máis reducido de enerxía. Xunto a el, un chip de seguridade personalizado, unha batería que incrementa a súa capacidade até os 4730 mAh sen aumentar o tamaño e peso do dispositivo, pero ofrecendo un 20% máis de autonomía nas probas de laboratorio.

Ademáis dunha batería máis grande, o X Fold+ de Vivo tamén carga máis rápido, xa que inclúe o sistema Vivo FlashCharge de 80W con cable e 50W cde carga sen fíos, o que permite pasar do 1 ao 70% de carga en 18 minutos ou á carga completa en 35 minutos. Sen fíos, á máxima potencia, pódese ter cargado o trebello en 53 minutos.

A experiencia de pantalla no novo Vivo X Fold+ é dobre, xa que temos un panel exterior e outro interior, dependendo de se o usamos encartado ou non; ambos os dous paneis soportan a taxa de refresco de 120 Hz, e tamén ambos están equipados con lectores de pegadas dixitais ultrasónicos Dual 3D, que ofrecen alta velocidade de desbloqueo e maior seguridade, así como unha maior facilidade de uso independentemente das condicións ambientais. A pantalla interior é de 8 polgadas, con resolución 2160 x 1916 pixeles, e posibilidades software que permiten diferentes opcións de pantalla dividida.

En canto á fotografía, o vivo X Fold+ conta cos sensores de cámara desenrolados como resultado da colaboración vivo ZEISS Global Imaging, que inclúe o característico revestimento de T* de ZEIIS, reducindo os reflexos e mellorando a transición da luz visíbel. A óptica inclúe unha configuración de cámara cuádruple, con distancia focal completa, e unha cámara periscópica con zoom óptico 5x e dixital 60x, con estabilización óptica de imaxe.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Vivo X Fold+ está dispoñíbel en tres cores (azul, gris e vermello), e como xa avanzamos ao comezo deste artigo, inicialmente de maneira exclusiva no mercado chonés.

Sobre o autor

Reply