A cobertura móbil 5G de R chega a 148 concellos de Galiza

A operadora galega R, pertencente ao Grupo MásMóvil, anunciou que a súa cobertura móbil 5G chega xa ao 148 concellos de Galiza, o que representa un 70% da poboación galega que xa pode desfrutar desta nova tecnoloxía de conexión, e avanza que agarda que no 2023 o 5G acade a mesma cobertura que ten hoxe en día o 4G non noso país.

Entre os beneficios que o 5G ofrece ás usuarias están as dunha maior velocidade de navegación, que permite descargar – ou subir – calquera arquivo reducindo os temos, unha mairo calidade de imaxe para os servizos de streaming, menor latencia para acceso a aplicacións e servizos de gaming e un maior número de persoas conectadas ao mesmo tempo.

Con todo, para poder desfrutar das conexións 5G faise necesario que as usuarias conten cun terminal compatíbel con esta tecnoloxía, algo que debemos ter en conta á hora de actualizar os nosos dispositivos. R permite o acceso ao 5G sen custes engadidos, polo que bastará con ter un dispositivo 5G para poder desfrutar do servizo, con independencia da tarifa que se teña contratada coa operadora galega.

R tamén presume da mellora xeral da cobertura móbil, xa que durante o verán, o 90% das preto de 347.000 liñas móbiles de R melloraron a súa cobertura grazas aos investimentos en infraestrutura e aos acordos con outros operadores.

Os concellos nos que R ofrece servizos de 5G nestes momentos son 55 na provincia da Coruña (Abegondo, Ames, Ares, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cee, Coirós, Coristanco,
A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Melide, Miño, Mugardos, Muros, Narón, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Valdoviño e Vedra); 28 na de Lugo (Barreiros, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Chantada, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Foz, Friol, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, Portomarín, Ribadeo, Sarria, Sober, Vilalba e Viveiro); 20 na de Ourense (Allariz, O Barco de Valdeorras, Os Blancos, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Lobeira, Maceda, Maside, Monterrei, Ourense, Piñor, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Toén, Verín, Vilamarín, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía) e 45 na de Pontevedra (Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Cañiza, Catoira, Crecente, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Vigo, Vila de Cruzamentos, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa), que suman un total de 148 a nivel Galiza.

Sobre o autor

Reply