realme anuncia a chegada do gama C máis elegante

realme vén de adiantar a última incorporación que chega á súa serie C, o realme C33, un trebello que destaca pola súa estética premium e un deseño con ángulos rectos de metal. Entre as súas características destacadas están a súa cámara principal, de 50 MP, e unha batería de 5.000 mAh de capacidade, especificacións que se suman a un prezo que aseguran será “asequíbel”, pero que non coñeceremos até o próximo día 26.

Segundo apunta o fabricante, a vantaxe do CHDR fará que o realme C33 obteña mellores fotografías, con detalles máis claros e unha optimización das escenas a contraluz e das zonas de sobreexposición, proporcionando imaxes máis nítidas e definidas. A través da tecnoloxía de supresión de brillos, as usuarias poderán capturar máis detalles nas áreas brillantes, mentres que o alto rango dinámico aporta unha mellor dinámica da imaxe.

En canto o deseño, a renovación deste fai que sexa un trebello integral sen fisuras. Cun módulo de cámara traseira que se funde co chasis traseiro, o dispositivo foi creado utlizando detalles a nivel de micras para crear un efecto visual dinámico que crea pilares de luz na parte traseira. Está revestido cunha textura composta de area brillante, para crear o efecto de “auga en movemento”, que brilla en diferentes ángulos de luz. No seu interior leva o procesador Unisoc T612 e unha batería de 5.000 mAh.

O novo realme C33 enmárcase na gama básica, e chegará ao noso país o 26 de outubro, data na que se darán a coñecer todas as especificacións e tamén o seu prezo.

Sobre o autor

Reply