Xa se pode mercar no noso país a batidora intelixente Xiaomi Smart Blender

A comezos de mes Xiaomi celebrou un evento internacional no que anunciou o lanzamento dun amplo ecosistema de produtos intelixentes destinados a mellorar a vida cotiá e ampliar o seu ecosistema. Entre eles estaba a nova batidora intelixente Xiaomi Smart Blender.

Trátase da primeira batidora intelixente da compañía, que chega ao noso país para integrarse nas cociñas das nosas casas. Conta cun botón xiratorio con pantalla OLED integrada e dous botóns táctiles adicionais, o que fai que sexa un produto doado de operar e programar. Entre as súas funcoóns destaca que permite programar até para 12 horas máis tarde, mantendo a mixtura illada até 4 horas.

Grazas ao seu motor de alta potencia con frecuencia variábel e potencia engadida, Xiaomi Smart Blebder dispón dun total de nove velocidades de operación e oito modos, que lle permiten picar, facer puré e mixturar alimentos de maneira rápida e eficiente. Pódese empregar con todo tipo de alimentas, desde líquidos até consistencia dura, xa que está integrada con oito coitelas dentadas de aceiro inoxidábel en múltiples ángulos que permiten que se mixturen até os ingredientes máis difíciles.

É quen de preparar bebidas quentes de até 1,2 litros, e bebidas frías de até 1,6 litros dunha soa vez. Ademais, as tarefas de limpeza tamén se simplifican, xa que se pode engadir auga e iniciar a limpeza a alta velocidade, aforrando así tempo e esforzo.

A través da aplicación Xiaomi Home, a Xiaomi Smart Blender pódese programar ou comezar a mixturar a distancia. Tamén se lle poden enviar receitas desde a nube desbloquear diversas bebidas. Ademais, a propia app inclúe un recetario para sacarlle todo o partido ao aparello.

A Xiaomi Smart Blender custa 129,99 €, e se pode adquirir a través das canles oficiais de Xiaomi, a páxina web mi.com/es e a rede de Xiaomi Stores.

Sobre o autor

Reply