600 Mbps de fibra e 100 GB no móbil por 42,95 € coa nova tarifa de Lowi

Lowi, a marca de baixo custe de Vodafone, continúa ampliando a súa oferta de combinados converxentes, agora co lanzamento dunha proposta moi interesante, pola que podemos contratar 600 Mbps de fibra óptica simétrica e unha liña móbil con 100 GB de datos e chamadas ilimitadas por 42,95 €, prezo definitivo.

Como é habitual na compañía, a esta tarifa pódenselle engadir liñas adicionais, con chamadas ilimitadas e 5 GB de datos por 2,95 €/mes, 15 GB por 5,95 €/mes, 50 GB por 9,95 €/mes ou 100 GB por 14,95 €/mes, uns prezos moi competitivos para a franquía de datos que inclúen. Ademais, todas elas poden compartir os gigas.

Co lanzamento desta nova tarifa, o portfolio de plans converxentes que ofrece Lowi queda en cinco, que van desde os 29,95 €/mes até os 42,95 €/mes, organizados do seguinte xeito:

  • Fibra 300 Mbps + móbil 10 GB: 29,95 €/mes.
  • Fibra 300 Mbps + móbil 20 GB: 31,95 €/mes.
  • Fibra 300 Mbps + móbil 50 GB: 34,95 €/mes.
  • Fibra 600 Mbps + móbil 50 GB: 39,95 €/mes.
  • Fibra 600 Mbps + móbil 100 GB: 42,95 €/mes,

A todos estes plans hai que sumar unha promoción que a compañía ten até o próximo día 31 deste mes, pola cal podemos contratar fibra 300 Mbps e dúas liñas móbiles con 20 GB cada unha por 36,95 €/mes, prezo tamén definitivo.

Lowi tamén permite contratar fibra simétrica sen servizos engadidos, con velocidades de 300 ou 600 Mbps simétricos, por 24,95 ou 29,95 €/mes, respectivamente, cun custe de instalación de 30 € que se paga na primeira factura. Quen prefira só móbil pode contratar unha tarifa con chamadas ilimitadas e 12, 25, 50 ou 100 GB por 7,95 €/mes, 11,95 €/mes, 14,95 €/mes ou 19,95 €/mes.

Sobre o autor

Reply