Xiaomi anunciou onte na China a renovación da súa serie de gama media, os Redmi Note, que chegan con importantes novidades que afectan principalmente ao procesador, á cámara e á capacidade de carga das súas baterías. Estamos a falar dos novos Redmi Note 12, Redmi Note 12 Pro e Redmi Note 12 Pro+.
Especificacións técnicas
Na seguinte táboa resuminos as principais especificacións técnicas dos novos terminais de Xiaomi.
Redmi Note 12 | Redmi Note 12 Pro | Redmi Note 12 Pro+ | |
---|---|---|---|
Pantalla | 6,67 polgadas Full HD+ (1.080 x 2.400 píxeles) OLED Até 120Hz 1.200 nits | 6,67 polgadas Full HD+ (1.080 x 2.400 píxeles) OLED Até120Hz 900 nits | 6,67 polgadas Full HD+ (1.080 x 2.400 píxeles) OLED Até 120Hz 900 nits |
Procesador | Snapdragon 4 Gen 1 | MediaTek Dimensity 1080 | MediaTek Dimensity 1080 |
RAM | 4/6/8 GB | 6/8/12 GB | 8/12 GB |
Almacenaxe interna | 128/256 GB | 128/256 GB | 256 GB |
Batería | 5.000mAh Carga rápida de 33 W | 5.000mAh Carga rápida de 67 W | 5.000 mAh Carga rápida de 120 W |
Cámara principal | 48 MP + 2 MP macro | 50 MP + 8 MP gran angular + 2 MP | 200 MP +8 MP gran angular + 2 MP |
Cámara dianteira | 8 MP | 16 MP | 16 MP |
Sistema operativo | Android 12 MIUI 13 | Android 12 MIUI 13 | Android 12 MIUI 13 |
Conectividade | 5G WiFi de dobre banda Bluetooth 5.1 GPS | 5G WiFi de dobre banda WiFi 6 Bluetooth 5.2 NFC GPS | 5G WiFi de dobre banda WiFi 6 Bluetooth 5.2 NFC GPS |
Como se pode ver na táboa, algunhas das características destes modelos, como é o caso do tamaño e resolución da pantalla principal, de 6,67 polgadas e FullHD, ou na capacidade da súa batería.
Nos procesadores, o modelo básico leva un dos referentes de Qualcomm para as gamas baixas, mentres que os dous modelos superiores apostan polo MediaTek Dimensity 1080. As baterías, sendo iguais en capacidade, diferéncianse na velocidade máxima de carga: 33, 67 ou 120 W, respectivamente.
Tamén hai diferenzas entre os tres modelos na cámara, especialmente na versión Pro+ coa presenza dun sensor principal de 200 MP. O modelo básico carece de sensor gran angular, presente nos dous modelos Pro.
Dispoñibilidade e prezo
Polo de agora os tres novos modelos de Xiaomi estarán dispoñíbeis na China, aínda que con (case) toda seguridade chegarán a outros países, incluído o noso, a comezos do ano que vén. Os prezos na China, ao cambio, son os seguintes:
- Xiaomi Redmi Note 12 4/128 GB. 165 €.
- Xiaomi Redmi Note 12 6/128 GB. 180 €.
- Xiaomi Redmi Note 12 8/128 GB. 210 €.
- Xiaomi Redmi Note 12 8/256 GB. 230 €.
- Xiaomi Redmi Note 12 Pro 6/128 GB. 230 €.
- Xiaomi Redmi Note 12 Pro 8/128 GB. 250 €.
- Xiaomi Redmi Note 12 Pro 8/256 GB. 275 €.
- Xiaomi Redmi Note 12 Pro 12/256 GB. 300 €.
- Xiaomi Redmi Note 12 Pro+ 8/256 GB. 300 €
- Xiaomi Redmi Note 12 Pro+ 8/256 GB. 330 €.