Vodafone anuncia “Vodafone Hogar 5G”, para levar a velocidade 5G a fogares e empresas da Coruña

A partir do próximo 29 de novembro, Vodafone lanza o novo servizo Vodafone Hogar 5G, que permite achegar os benficios da conectividade 5G a fogares e empresas. Deste modo, as usuarias da cidade da Coruña e outros puntos da provincia poderán acceder a velocidades de até 1 Gbps e desfrutar das vantaxes do 5G no interior do fogar, a través dun router 5G autoinstalábel que permite conectar até 35 dispositivos á mesma rede.

A tecnoloxía FWA (Fixed Wireless Access) 5G supón un fito disruptivo, xa que nas zonas onde xa hai despregamento de fibra, permite ás usuarias escoller o tipo de experiencia que mellor se adapte, e nalgúns puntos nos que non hai fibra, ofrece unha alternativa de conectividade de calidade.

As principais vantaxes deste produto son a rapidez e a facilidade da autoinstalación, xa que só hai que seguir uns pequenos pasos para que comece a funcionar, o que permite empregar o produto nada máis mercalo, sen ter que agardar á instalación por parte dun técnico. Ademais, tamén destaca a mobilidade, xa que aínda que para contratalo será necesario contar con cobertura 5G no lugar de residencia habitual, o dispositivo pódese empregar en calquera outro sitio, conectándoo á rede eléctrica.

Inicialmente, Vodafone Hogar 5G estará dispoñíbel en zonas da Coruña e outras 7 cidades españolas, xunto coas súas áreas metropolitanas, e se continuará ampliando o despregamento de forma progresiva a outras 65 cidades. Ademais, este novo servizo benefíciase da ampliación da pegada de Vodafone como complemento á fibra en Galiza, xa que a rede 5G de Vodafone estará dispoñíbel en 81 concellos galegos a finais de ano.

Dispoñibilidade e prezo

Vodafone ofrece tres tarifas, contratábeis desde o 29 de novembro a través das canles habituais de comercialización da compañía:

  • Vodafone Hogar 5G. Inclúe o servizo de conectividade e unha liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles por 31 €/mes.
  • Vodafone Hogar 5G Ilimitada Básica. Inclúe o servizo de conectividade, a liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles e unha liña móbil con chamadas ilimitadas e datos ilimitados a 10 Mbps por 49 €/mes.
  • Vodafone Hogar 5G Ilimitada Max. Inclúe o servizo de conectividade, a liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles, unha liña móbil ilimitada en chamadas e datos a velocidade 5G, unha liña móbil con 200 minutos e 15 GB e decodificador Vodafone TV con 30 canles por 55 €/mes.

En calquera das tarifas hai que sumar unha cota de 5 €/mes durante 36 meses en concepto de adquisición do router. A partir do mes 37, esta cota deixaría de existir.

Sobre o autor

Reply