realme democratiza o acceso aos auriculares sen fíos cos Buds T100

realme segue a aumentar o seu portfolio de auriculares sen fíos, e tras a posta á venda dos Buds Air 3s o pasado mes de decembro, agora é a quenda dos Buds T100, un modelo económico co obxectivo de ofrecer novas alternativas a aquelas persoas que non queren gastar moito.

Do seu deseño destaca o chamativo concepto “Two Tone Hit”, un contraste de cores negro e amarelo entre o exterio e o interior do estoxo de carga para ofrecer efectos visuais ao abrilo e pechalo. No que ten a ver cos auriculares en si, destaca a redución de peso de cada un deles, quedando nos 4,1 gramos, e veñen con tres almofadiñas diferentes para adaptarse a diferentes tamaños da canle auditiva.

Veñen co sistema de son PEEK + TPU, para unha experiencia de profundidade de son, e soportan audio de alta calidade AAC. Ademais, permiten tres modos de ecualización, que se poden escoller a través de realme Link: un modo brillante coa voz máis clara, un modo equilibrado entre medios, graves e agudos e un modo de reforzo de graves, para graves máis fortes e intensos.

Tamén dispoñen dun modo xogo, que reduce a latencia a 88 ms, e teñen conectividade Bluetooth 5.3, que garante unha alta velocidade de transmisión, reduce as interferencias e o consumo de enerxía e ten unha gran estabilidade. Leva un micrófono para cancelación de ruído durante as chamadas e unha batería que ofrece 6 horas de autonomía, ás que hai que sumar as cargas co estoxo, sumando un total de 28 horas cunha soa carga. Ademais, con 10 minutos de carga haberá autonomía para dúas horas.

Dispoñibilidade e prezo

Os novos realme Buds T100 están dispoñíbeis na web de Amazon por 24,99 € de maneira promocional até o 10 de xaneiro. Logo dese día, o seu prezo oficial será de 32,99 €.

Sobre o autor

Reply