LG amplía a súa serie de portátiles ultralixeiros LG Gram

O CES de Las Vegas serviulle a LG para presentar novos modelos da súa serie de portátiles ultralixerios LG Gram, os novos LG Gram Ultraslim e LG Gram Style. Ambos os dous modelos manteñen a súa aposta pola potencia e lixeireza nuns dispositivos con especificacións de primeira liña, cun formato elegante e ultralixeiro que brinda máxima comodidade para as usuarias.

LG Gram Ultraslim

Como o seu propio nome indica, o LG Gran Ultraslim (15Z90RT) é o modelo máis fino de LG até o de agora, e está deseñado para aquelas usuarias que procuran o máximo en portabilidade. Ten un peso de 998 gramos e un grosor (pechado) de 10,99 milímetros, pouco máis ca un smartphone estándar.

Malia estas características, non renuncia a ofrecer unha imaxe primeira grazas ao seu panel OLED de 15,6 polgadas con revestimento Anti-Glare Low Reflection (AGLR) e procesador de 13ª Xeración Intel Core con núcleos de rendemento P-Cores.

LG Gram Style

Pola súa banda, os portátiles LG Gram Style, dispoñíbeis en 16 e 14 polgadas (modelos 16Z90RS e 14Z90RS), foron creados para aquelas usuarias que buscan, ademais de prestacións, un plus de deseño e elegancia nos seus trebellos.

Ambos os dous locen un deseño de cristal que fai que cada unha das opcións de cor dispoñíbeis brille e cambie dinamicamente, movéndose e cambiando en función da luz e o ángulo. Sen ir máis lonxe, estes novos dispositivos inclúen no seu interior un panel táctil háptico “oculto”, cunha suave retroiluminación LED que se ilumina ao tacto das usuarias.

Tamén contan con paneis OLED Anti-Glare Low Reflection de 16:10, procesadores Intel Core de 13ª xewración e unha unidade de estado sólido SSD NVMe Gen 4.

Outras características e outras novidades da serie

Todos os modelos presentados son compatíbeis con Thunderbolt 4 e conectividade HDMI, e ofrecen un sistema de son envolvente Dolby Atmos, unha das principais novidades nos LG Gram deste 2023 que vimos de comezar.

Ademais, xunto cos novos LG Ultraslim e LG Style, a liña deste ano conta con novos modelos LG Gram de 17, 16, 15 e 14 polgadas (modelos 17Z90R, 16Z90R, 15Z90R y 14Z90R). Os de 16 e 17 polgadas están equipados cunha GPU NVIDIA GeForce RTX 3050 de 4 GB, CPU Intel Core de 13ª xeración e SSD Gen4 NVMe, e todos eles levan unha batería que ofrece unha autonomía de máis de 20 horas de reprodución de vídeo cunha soa carga.

A continuación resúmense as principais características nunha táboa de especificacións

 LG gram Ultraslim (15Z90RT)LG gram Style (16Z90RS)LG gram Style (14Z90RS)LG gram 2-in-1 (16T90R)LG gram 2-in-1 (14T90R)
Tamaño de pantalla15.6 polgadas16 polgadas14 polgadas16 polgadas14 polgadas
PanelFHD (1,920 x 1,080) OLEDWQXGA+ (3,200 x 2,000) OLEDWQXGA+ (2,880 x 1,800) OLEDWQXGA (2,560 x 1,600) Touch IPS Display,
Corning® Gorilla Glass® Victus®
WUXGA (1,920 x 1,200) Touch IPS Display, Corning® Gorilla Glass® Victus®
Brillo400nit400nit400nit350nit350nit
Taxa de refresco60Hz120Hz90Hz60Hz60Hz
Peso998g1.230g999g1.480g1.250g
Tamaño356.0 x 227.45 x 10.99 -12.55mm355.1 x 241.3 x 15.9mm311.6 x 213.9 x 15.9 mm356.6 x 248.3 x 16.95mm314 x 219.5 x 16.75mm
Batería60Wh80Wh72Wh80Wh72Wh
CPUProcesador 13th Gen Intel® Core™
GPUIntel Iris Xe Graphics
Memoria8GB / 16GB / 32GB LPDDR5
Almacenaxe256GB / 512GB / 1TB (Gen4 NVMe™)
Altofalantes2.0W x 23.0W x 22.0W x 22.0W x 22.0W x 2
DurabilidadeMIL-810H Military Standard
I/O Porto2x Type C (TBT4, PD), 1x Type C (PD), H/P2x Thunderbolt 4, 1x USB 3.1, Micro SD, H/P2x Thunderbolt 4, 1x USB 3.2, Micro SD, H/P
SoftwareLG Smart Assistant LG Glance by Mirametrix® PCmover Professional, OLED CareLG Smart Assistant, LG Glance by Mirametrix®, PCmover ProfessionalLG Smart Assistant LG Glance by Mirametrix®, PCmover Professional, Wacom notes, Bamboo Paper LG Pen Settings
WebcamFHD IR Camera
AccesorioLG Stylus Pen (Wacom AES 2.0 & WGP) USB-C to HDMI adapter
 LG gram 17 (17Z90R)LG gram 16 (16Z90R)LG gram 15 (15Z90R)LG gram 14 (14Z90R)
Tamaño de pantalla17 polgadas16 polgadas15.6 polgadas14 polgadas
PanelWQXGA (2,560 x 1,600) IPSWQXGA (2,560 x 1,600) IPSFHD (1,920 x 1,080) IPSWUXGA (1,920 x 1,200) IPS
Brillo350nit / 400nit (VRR)
Taxa de refresco31-144Hz (VRR), 60Hz (normal)60Hz60Hz
Peso1.350g (iGPU) 1.450g (dGPU)1.199g (iGPU) 1.299g (dGPU)1.140g999g
Tamaño378.8 x 258.8 x 17.8mm355.1 x 242.3 x 16.8mm356.1 x 222.9 x 17.4mm312 x 213.9 x 16.8 mm
Batería80Wh (iGPU) 90Wh (dGPU)80Wh (iGPU) 90Wh (dGPU)80Wh72Wh
CPUProcesador 13th Gen Intel® Core™
GPUNVIDIA GeForce RTX 3050 4GB Laptop GPU
Memoria8GB / 16GB / 32GB LPDDR5
Almacenaxe256GB / 512GB / 1TB (Gen4 NVMe™) / 2TB
Altofalantes2.0W x 2 (iGPU), 3.0W x 2 (dGPU)2.0W x 2 (iGPU), 3.0W x 2 (dGPU)1.5W x 21.5W x 2
DurabilidadeMIL-STD-810G
I/O Porto*2x Thunderbolt 4, 1x HDMI, 2x USB 3.1, Micro SD, H/P
SoftwareLG Smart Assistant, LG Glance by Mirametrix®, PCmover Professional
WebcamFull HD Webcam with IR Sensor

Sobre o autor

Reply