Vodafone inicia a comercialización do Help Flash IoT, a súa baliza conectada V16 que substitúe aos triángulos de emerxencia

Vodafone inicia este venres a comercialización da baliza conectada Help Flash IoT, o primeiro sinal V16 conectado homologado, e que foi desenrolado pola empresa galega Netun Solutions. A operadora convértese así na primeira do mercado en poñer a disposición das condutoras, a través de todas as súas canles comerciais, o dispositivo de luz que substitúe aos triángulos de emerxencia, e cuxo uso será obrigatorio desde o 1 de xaneiro de 2026.

O Help Flash IoT é unha baliza luminosa conectada de emerxencia de alta calidade, autónoma, compacta, lixeira e de funcionamento sinxelo, que emite un intenso destello en cor amarelo que cubre os 360 graos, sendo visíbel durante a noite en todas direccións a maís dun quilómetro de distancia.

O dispositivo comercializado por Vodafone integra unha SIM con tecnoloxía NB-IoT que proporciona conectividade en calquera parte do territorio estatal. En caso de accidente ou avaría, ao activar o dispositivo, envíase de maneira inmediata e automática unha notificación ao centro de control de tráfico da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) indicando a localización exacta. A información que recibe a DXT é anónima, e polo tanto non inclúe en ningún caso nome, matrícula ou calquera outro dato persoal que puidera permitir identificar ás usuarias.

Deste xeito, a DXT nútrese de información en tempo real de todos os posíbeis incidentes que ocorren nas estradas e pode avisar de xeito inmediato a outras condutoras da posición, evitando posíbeis accidentes. Isto supón unha clara vantaxe en canto a seguridade vial, xa que ao conectar persoas, estradas e máquinas, e reducir os tempos de resposta, pódese reducir a mortalidade en casos de accidentes.

Dispoñibilidade e prezo

O dispositivo poderá mercarse na rede de tendas Vodafone, a través de televenda e nas canles dixitais, incluíndo a app Mi Vodafone a páxina web da operadora. Poderán adquirilo tanto as usuarias de Vodafone como as que non o son, e o seu prezo de lanzamento é de 49,59 €, aínda que con Vodafone Flex poderase pagar a prazos en cotas de 2,08 €/mes durante 24 meses. Desde o 28 de febreiro, cando finaliza a promoción, o seu prezo será de 59,90 €.

No prezo de venda inclúese a conectividade á rede de Vodafone durante 12 anos, aínda que aquelas persoas que o adquiran antes de que sexa obrigatorio (xaneiro de 2026), disporán de conectividade adicional sen custe durante estes anos previos, obtendo así dispositivos conectados até 2038.

Sobre o autor

Reply