Digi incorpora un produto de fibra 500 Mbps por 15 €/mes

DIGI, a operadora de telecomunicacións pertencente á multinacional DIGI Communications, comezou o ano con novas melloras nos seus produtos de telefonía e móbil, de maneira que a súa clientela pode dispoñer de prezos máis competitivos, unha cuestión que destaca fronte aos incrementos de prezos sufridos coa chegada de 2023 polas usuarias de Movistar, Vodafone, Orange e Másmóvil.

Co obxectivo de adaptarse ás diferentes necesidades, DIGI vén de lanzar a nova tarifa Fibra SMART con 500 Mbps simétricos por 15 €/mes, unha oferta definitiva que xa está dispoñíbel nas zonas nas que a operadora conta coa súa propia rede de fibra, entre elas todas as cidades galegas.

DIGI tamén mellora o prezo da súa opción estrela de fibra, PRO-DIGI, con até 10 Gbps de velocidade, que pasa dos 30 aos 25 €/mes. Porén, a cobertura desta alternativa é inferior, e no noso país limítase a zonas da Coruña.

En canto a servizos móbiles, DIGI actualiza – para baixar o seu prezo – as tarifas de móbil asociadas á contratación de produtos de fibra. Deste xeito, unha liña con 50 GB e chamadas ilimitadas queda en 8 €/mes, ou 10 €/mes se preferimos contar con 100 GB de datos.

Ao tempo, a operadora tamén mellora as súas tarifas de móbil con chamadas ilimitadas ao contratarse xunto coa fibra, con prezos de 8 €/mes para 50 GB e 10 €/mes para as liñas con 100 GB de datos.

As usuarias interesadas poden contratar estes produtos directamente na web da compañía, na súa rede de puntos de venda ou por teléfono, chamanda ao 1200 desde a rede DIGI ou ao 919120120 desde calquera operador.

Sobre o autor

Reply