Setembro adoita ser un mes de promocións no sector telco, aproveitando que son moitas as persoas que toman o inicio do curso escolar como o momento axeitado para comezar novos proxectos ou propoñerse novas metas, como facer deporte, buscar tempo para as nosas afeccións ou procurar aforrar eliminando gastos supérfluos.
Pensando no aforro, MásMóvil vén de anunciar unha promoción destinada a portabilidades, pola que a nova clientela que chegue á compañía coa súa liña desde outro operador, pode beneficiarse duns prezos moi interesentes, que no mellor dos casos exténdese durante un ano.
Así, unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 20 GB queda nos 4,90 €/mes durante 12 meses, e unha con ilimitadas e 30 GB por 9,90 €/mes, tamén por un ano. Logo deste periódo promocional, os prezos pasan a 9,90 €/mes e 14,90 €/mes, respectivamente.
Quen precise unha franquía de datos maior, pode optar pola promoción dunha liña móbil con 70 GB e chamadas ilimitadas por 9,90 €/mes durante tres meses, a partir do cal subirá a 14,90 €/mes durante outros 9, para quedar nun prezo final de 19,90 €/mes ao chegar ao ano.
O servizo móbil de MásMóvil non ten permanencia, e dispón de servizo 5G. Emprega a cobertura de Yoigo, apoiado tamén nas redes de Orange e Movistar.