Chega Microsoft Copilot, intelixencia artificial para uso cotiá

Microsoft anunciou esta semana Microsoft Copilot, unha nova ferramenta que unifica nunha única experiencia as aplicacións de intelixencia artificial (IA) que a compañía viña aplicando aos seus produtos de maneira individual, e que pretende ser algo máis ca un asistente para o noso día a día.

Na súa presentación, Microsoft salientou que Copilot incorporará o contexto e á intelixencia á web, aos datos de traballo das usuarias e o que se esté a facer nese momento co ordenador, proporcionando unha mellor asistencia, cunha experiencia sinxela e fluída. Estará dispoñíbel tanto en Windows 11, coma en Microsoft 365 e no navegador web con Edge Bing, funcionando como unha app que aparecerá cando se necesite, simplemente clicando co botón dereito do rato.

Copilot comezará a despregarse xunto coa próxima actualización gratuita de Windows 11, a parir do 26 de setembro, e en Bing Edge e Microsoft 365 ao longo de outono, nunha data aínda por especificar.

Preto de 150 novas características na nova actualización de Windows 11

A próxima actualización de Windows 11 chega con preto de 150 novas características, o que fai que sexa a máis ambiciosa das despregadas até o de agora. E é que ademais de Copilot, algunhas das aplicacións básicas de Windows como Paint, Photos ou Clipchamp disporán de novas experiencias, exprimindo os avances de Microsoft no campo da Intelixencia Artificial (IA).

Paint mellora coa aplicación da IA para o debuxo e a creación dixital, e engade a eliminación de fondo e capas, así como unha vista previa de Cocreator. Pola súa banda, Fotos inclúe novas modalidades de edición de fotos, como o desenfoque de fondo ou a lectura dos contidos para facilitar a busca das imaxes almacenadas en OneDrive. O editor de vídeo Clipchamp agora dispón de composición automática, suxerindo escenas, edicións e narracións baseadas nas imaxes e secuencias de forma que sexa máis doado crear e editar vídeos, e o Bloc de notas comezará a garadar automaticamente o estado da sesión.

Tamén mellora o programa de correo electrónico, cun novo Outolook para Windows, que se pode conectar con servizos de terceiros (Gmail, Yahoo, iCloud…), e que incorpora IA para axudarnos a escribir correos electrónicos claros e concisos, e a anexar arquivos directamente desde OneDrive.

Como dicíamos antes, a actualización que traerá estas novidades chegará aos equipos con Windows 11 a partir do 26 de setembro.

Sobre o autor

Reply