Faite co .gal, .cat, .eus ou .barcelona por 5 € + IVE co gallo do Día Europeo das Linguas

Este martes, 26 de setembro, celébrase o Día Europeo das Linguas, unha data coa que desde o 2001 preténdese concienciar ás e aos europeos sobre a riqueza lingüística do noso continente, e que este ano aproveitaron diversos rexistradores para lanzar unha promoción que permite adquirir un dominio .gal (ou .cat, .eus ou .barcelona) por un prezo máximo de 5 € máis IVE até o próximo 11 de outubro.

Estes catro dominios son un exemplo de diversidade lingüística que engloba millóns de falantes en varios estados de Europa, e un escaparate para a Internet como ferramenta de comunicación e entendemento.

Para aproveitar a promoción, débese acudir a algún dos rexistradores que participan na promoción, como Dinahosting, OpenProvider, Blacknight, cdmon, Netim, Arsys, OVH, Nominalia, Don Dominio, Gandi, Entorno e INWX.

Sobre o autor

Reply