A operadora Vodafone anunciou esta mañá novidades no seu servizo de conectividade fixa baseadas nas redes de banda larga 5G, Vodafone Hogar 5G, un servizo que ademais de ofrecer acceso á rede desde a casa pode levarse para usar noutras ubicacións, xa que está operativo tan só enchufando o router á electricidade.
Unha das principias novidades anunciadas por Vodafone é o uso dun novo router 5G con características melloradas. Trátase do modelo ZTE MC888 Ultra, que incorpora o chipseet Qualcomm SDX62, que permite acadar as velocidades máis altas na súa clase, e ademais soporta CA (Carrier Agregattion) en redes 5G e 4G, asegunrando mellores tendementos en interiores e exteriores, e ademais estando axudado cunha antena con ganancia ampliada.
A outra novidade ten que ver coas tarifas, onde Vodafone pon a disposición das usuarias as seguintes opcións:
- Vodafone Hogar 5G. Inclúe o servizo de conectividade 5G a través do router, ademais dunha liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles por 33,50 €/mes.
- Vodafone Hogar 5G Ilimitada Básica. Ademais do servizo de Vodafone Hogar 5G, inclúe tamén unha liña móbil con chamadas ilimitadas e datos ilimitados a 10 Mbps por 52,90 €/mes.
- Vodafone Hogar 5G Ilimitada Max. Ofrece o servizo Vodafone Hogar 5G, ademais dunha liña móbil con chamadas e datos ilimitados a velocidade 5G, outra con 200 minutos e 15 GB e Vodafone TV con decodificador, incluíndo TV con 30 canles (ou un desconto de 5 € nos Packs Seriefans, FamilyFans, Serielovers ou FamilyLovers) por 59,40 €/mes.
- Vodafone Hogar 5G Ilimitada Dúo. Inclúe Vodafone Hogar 5G, ademais de dúas liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados 5G, Vodafone TV con decodificador 4K e TV con 60 canles e os Packs con Prime e HBO Max ou Disney+ por 75,60 €/mes.
- Vodafone Hogar 5G Ilimitable. Inclúe Vodafone Hogar 5G ademais de dúas liñas con chamadas e datos ilimitados 5G, Vodafone TV con decodificador 4K e 100 canles e subscrición a HBO Max, Disney+ e Prime por 97,20 €/mes. Ademais,pódense engadir a este pack 4 liñas adicionais con chamadas e datos ilimitados 5G por 10,79 €/mes cada unha.
Estas novidades estarán dispoñíbeis para contratar a partir do mércores 4 de outubro. En calquera dos casos, a clientela ten que aboar o custe a prazos do router 5G durante os primeiros 36 meses, ou mercalo ao contado. Vodafone aplica como promoción de lanzamento un desconto do 50% no prezo do router, tanto para as compras ao contado como para as que se fagan a prazos.