Google anuncia a nova pulseira de actividade Fitbit 6 Charge

Google vén de anunciar o lanzamento dunha nova pulseira de actividade, a Fitbit Charge 6, un modelo que incorpora entre as súas novidades un novo algoritmo de aprendizaxe automático, que combinado cos sensores de saúde que integra, ofrecen un seguimento da frecuencia cardíaca moito máis preciso. Ademais, a nova pulseira de actividade pode sincronizarse con dispositivos de ximnasio e aplicacións de fitness, para facer un seguimento máis avanzando durante os adestramentos.

Levar o control da frecuencia cardíaca durante a práctica deportiva é moi recomendábel para previr accidentes cardíacos, e a nova Fitbit 6 Charge mellora até un 60% a precisión destas lecturas grazas ao algoritmo de aprendizaxe herdado do Pixel Watch, o reloxo intelixente de Google. Deste xeito, esta maior fiabilidade nos datos tamén infúe á hora de ter unha maior precisión na queima de calorías, nos minutos de zona activa, a puntuación do sono ou o nivel de recuperación diario.

Ademais, a Charge 6 pode conectarse a diversas máquinas fitness compatíbeis de fabricantes como NordicTrack, Peloton, Concept2 e Tonal, así como aplicacions de terceiros, como Peloton, para consultar a frecuencia cardíaca ao tempo que se rexistra a actividade deportiva que se está a realizar.

A Fitbit Charge 6 permite elixir entre máis de 40 modos de exercicio, 20 deles novos, incluíndo o esquí, snowboard ou surf, ofrecendo estatísticas esenciais, como un tracking dos adestramentos exteriores, que grazas ao GPS pode gravar a ruta sen ter que cargar co teléfono.

Maps e Wallet, agora tamén na Fitbit Charge 6

Google tamén decidiu incorporar por primeira vez varias ferramentas útiles á súa pulseira de actividade, como a Google Maps ou Google Wallet. Así, a pulseira pode dar indicacións para chegar a un destino seguindo as indicacións paso a paso, ou facilitar o pago directamente a través dos terminais contactless.

Dispoñibilidade e prezo

A nova pulseira de actividade de Google, Fitbit Charge 6, xa se pode reservar a través da Google Store e de Fitbit.com, así como en comercios minoristas por 159,95 €, e irá chegando aos diferentes mercados globais ao longo do outubo.

Pode mercarse en tres cores (obsidiana, porcelana e coral), e acompañarse con accesorios que se poden atopar na web de Fitbit.com, como correas en diferentes aacbados (textil, pel, translúcidas, malla de aceiro…).

Sobre o autor

Reply