O CESGA inaugurou o seu Computador cuántico, e impulsará xunto a Fujitsu o desenvolvemento e a investigación das tecnoloxías cuánticas

O Centro de Supercomputación de Galiza (CESGA), xunto con Fujitsu, inauguraron este luns en Compostela o Computador Cuántico de 32 qubits, que forma parte do Memorando de Adestramento (MoU) asinado o pasado mes de ambril entre ambas partes para estbalecer un centro cuántico en Galiza que ten como principal obxectivo acelerar a investigación conxunta, empregando para iso tecnoloxías de computación cuántica e promovendo o desenvolvemento da industria cuántica, tanto a nivel galego como internacional.

A inauguración do novo Computador, supuxo tamén a posta en marcha do Fujitsu International Quantum Center, un centro creado e deseñado para acelerar a investigación conxunta empregando tecnoloxías de computación cuántica e promover o desenvolvemento da industria cuántica, con inicio de operacións inmediato.

Deste xeito, o CESGA e Fujitsu prevén colaborar estreitamente con centros tecnolóxicos, empresas, universidades galegas e a comunidade de persoas investigadoras co CSIC para impulsar o desenvolvemento e a investigación en tecnoloxías cuánticas, creando novo coñecemento na materia, atraendo talento e inversión a Galiza e promovendo o uso das tecnoloxías cuánticas para afrontar os retos sociais do presente e do futuro.

Tanto o director de produto de Fujitsu, Gonzalo Romeo, como o director do CESGA, Lois Orosa, coincidiron en celebrar a importancia do fito que supón a posta en marcha do Computador e o Fujitsu International Quantum Center, que posiciona a Galiza de maneira estratéxica na vangarda da computación cuántica.

O CESGA é unha Fundación Pública sen ánimo de lucro, en cuxo patronato participan a Xunta de Galiza e o Consello Superior de Investigacións Científicas. Presta servizos avanzados a grupos de investigación desde 1993, e ten como principal misión contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións.

Sobre o autor

No Responses

Reply