Rede Aberta probará a fibra de 50 Gbps en Galiza no 2024

Cada vez son máis as galegas e galegos – especialmente no rural – que se conectan á rede a través da fibra óptica de Rede Aberta, aínda que a meirande parte deles non o saberán, xa que terán contratrado o seu servizo de Internet cunha das múltiples operadoras locais que ofrecen os seus servizos a través destre proveedor de fibra óptica neutra.

Porque, polo de agora, Rede Aberta é un operadora maiorista, que está a despregar unha rede ultrarrápida de fibra óptica no rural galego con velocidade de conexión final de 1 Gbps, que alugan os diferentes operadores que non teñen infraestrutura propia para chegar até os clientes, pero que están interesados en facerlle chegar os seus servizos de conectividade.

Logo de ter despregado a súa rede 86 concellos galegos (e máis aos que vai chegar, especialmente na provincia da Coruña, onde a empresa resultou adxudicataria dos despregamentos do Plan Único 2022), a semana pasada completou un fito simbólico, ao conectar o faro de Fistearra mediante fibra de 1 Gbps, simbolizando a chegada da fibra ao punto máis occidental de Galiza coa mesma velocidade á que se pode navegar no centro das cidades.

O acto tamén serviu para que a compañía compartise algunhas cifras, como os máis de 4 millóns de metros de cable de fibra despregados, que chegan a 200.000 unidades inmobiliarias, e ás que se sumarán 36.550 previstas no Plan ÚNICO 2022. Ademais, tamén se anunciou o aval de Allianz Global Investors, cunha financiación de 50 millóns deeuros para continuar co proxecto.

Porén, o anuncio máis destacado foi o do acordo acadado entre a compañía e Huawei para poñer en marcha un proxecto piloto de desenvolvemento da tecnoloxía 50G-PON, que supón multiplicar por 50 a velocidade de 1 Gbps que se ofrece na actualidade. Será no primeiro cuatrimestre de 2024, tendo como base Santiago de Compostela, onde se instalará o polo de empresa biotecnolóxicas, e desde onde se ofrecerán tamén servizos a hubs industriais e ás empresas asentadas nos entornos rurais próximos á capital de Galiza.

Acordo con R e o Grupo MásMóvil

No acto tamén estivo presente o director de R Cable, que confirmou un acordo de colaboración entre con R Cable e o Grupo MásMóvil, o que permitirá a estas marcas ofrecer servizos de fibra nas unidades inmobiliarias conectadas mediante a fibra neutra de Rede Aberta nun futuro próximo, reducindo a fenda dixital xeográfica no rural, e conseguindo achegar os servizos de R a preto de 1,7 millóns de direccións en Galiza con fibra óptica.

Sobre o autor

No Responses

Reply