“Supremium”, o novo plan en alta definición que prepara Spotify

Logo da recente suba de prezos, Spotify prepara un novo plan destinado a aquelas persoas que queren un plus de calidade, coa implementación do son en alta definición. Porén, esta suscrición implica tamén un prezo bastante superior ao custe habitual do servizo.

O novo plan, chamado Supremium, custará 19,99 $ ao mes en EEUU, o que seguramente acabará traducido en 19,99 €/mes, e incluirá, ademais do son en alta definición a 24 bits sen perdas, outras funcións exclusivas, como unha ferramenta para xerar listas de reprodución intelixentes baseadas en Intelixencia Artificial (IA) ou máis datos estatísticos sobre o noso uso da aplicación.

Tamén inclúe funcións avanzadas para mixturar cancións nunha lista, axustando como se reproducirá en función dos BPM da canción, da súa sensación ou da actividade que esteamos a realizar, e acceso a entre 20 e 30 horas de audiolibros.

Aínda que non hai anuncio oficial, todo apunta a que Spotify fará oficial este novo plan antes da campaña de Nadal.

Sobre o autor

Reply