Finetwork mellora catro das súas tarifas máis populares

A operadora Finetwork, unha das que máis traballa o sector de baixo custe, vén de mellorar catro das súas tarifas máis populares, ofrecendo á súa clientela unhas condicións aínda máis vantaxosas das que viñan desfrutando até o de agora.

A tarifa máis popular da compañía, que ofrece fibra simétrica de 30 Mbps (sen fixo) e unha liña móbil con 55 GB e chamadas ilimitadas, incluirá un Samsung Galaxy A54 (8 + 128 GB, 5G) por 39,90 €/mes. Este dispositivo tamén estará dispoñíbel coa tarifa converxente que inclúe 300 Mbps de fibra e dúas liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 25 GB cada un, por 44,90 €/mes.

Melloran tamén as condicións da tarifa móbil de 10 GB e chamadas ilimitadas, que se ofrece por 7,90 €/mes, así como a de chamadas ilimitadas e 50 GB, de 14,90 €/mes. Ambas as dúas inclúen agora un ZTE Blade A31 gratis, coa posibilidade de contratar unha segunda liña cos mesmos GB á metade de prezo (3,95 €/mes).

Finetwork emprega a rede móbil de Vodafone, e entre as súas vantaxes está a acumulación dos gigas de datos non gastados para o mes seguinte. Ademais, co servizo Gigatransfer, tamén se poden enviar gigas a outras usuarias de Finetwork, cun máximo de 10 receptores diferentes e de 30 gigas mensuais.

Sobre o autor

Reply