Datas de actualización dos móbiles OPPO a Android 14

Google anunciou a semana pasada Android 14, e desde aquela son moitas as usuarias que se están a preguntar cando verán actualizados os seus dispositivos á última versión de Android, que xa desfrutan as propietarias dos dispositivos Pixel.

O sábado soubemos as novidades de Vivo, coa actualización da súa capa Funtouch OS, que axiña vai estar dispoñíbel nos móbiles da compañía, e hoxe sabemos grazas Gizmochina dos plans de OPPO, que despregará ColorOS 14 desde esta mesma semana. O calendario de actualizacións deste fabricante chinés, é o seguinte:

  • 12 de outubro: Oppo Pad 2, Oppo Find X5 Pro Dimensity Edition, Oppo Find X5, OnePlus Ace 2V, Oppo Reno 8 Pro Plus 5G
  • 17 de outubro: Oppo Find X5 Pro, OnePlus 10 Pro 5G, OnePlus Ace 2, OnePlus Ace 2 Genshin Impact Custom Gift Box, OnePlus Ace Pro, OnePlus Ace Pro Genshin Impact Limited Edition, Oppo Reno 10 Pro Plus 5G, Oppo Reno 9 Pro Plus 5G
  • 25 de outubro: OnePlus Ace 2 Pro, OnePlus Ace 2 Pro Paimon Gift Box
  • Novembro (sen especificar): Oppo Find X3 Pro, Oppo Find X3 Pro Photographer Edition, Oppo Find X3 Pro Mars Exploration Edition, Oppo Find X3, OnePlus 9 Pro 5G, OnePlus 9 5G, OnePlus 9RT 5G, OnePlus 9RT 5G Genshin Impact Gift Box, OnePlus 9R 5G, OnePlus 8T, OnePlus Ace, OnePlus Ace Racing Edition, Oppo Reno 10 Pro 5G, Oppo Reno 10 Pro 5G Star Sound Edition, Oppo Reno 10 5G, Oppo Reno 9 5G, Oppo Reno 8 Pro 5G, Oppo Reno 8 5G, Oppo K11x 5G, Oppo K11 5G, Oppo K10 Pro 5G, Oppo K10 5G, Oppo K10x 5G, Oppo K10 Vitality Edition 5G, Oppo A1 Pro 5G, Oppo A1 5G.
  • Decembro: Oppo Find N3 Flip, Oppo A97 5G, Oppo A57 5G.

Trátase dunha actualización escalonada que chega a moitos modelos da compañía, aos que seguramente se han sumar outros dispositivos que non aparecen nesta listaxe.

Sobre o autor

No Responses

Reply