Simyo amplía a franquía de datos nas súas tarifas de 40 GB

As operardoras móbiles virtuais continúan a facer uso da estratexia de incremento de gigas nas súas tarifas como reclamo, e a última en presentar novidades deste estilo foi Simyo. A operadora pertencente ao conglomerado de marcas do Grupo Orange, vén de anunciar que pasa de 40 a 50 GB os datos sen mudar o prezo.

Esta tarifa aplícase de maneira automática á clientela actual, e tamén afecta ás novas altas, tanto de combinacións de fibra e móbil como nas tarifas de só móbil.

Tras este cambio, pódese contratar coa compañía unha liña móbil con 50 GB por 11 €/mes (sen chamadas inclídas), ou 50 GB con 120 minutos por 12,50 €/mes ou 50 GB con chamadas ilimitadas por 14 €/mes. Combinado con fibra, exiten seis opcións:

  • Fibra 300 + liña móbil 50 GB con 120 minutos: 34,49 €/mes
  • Fibra 300 + liña móbil 50 GB con chamadas ilimitadas: 35,99 €/mes
  • Fibra 600 + liña móbil 50 GB con 120 minutos: 36,49 €/mes
  • Fibra 600 + liña móbil 50 GB con chamadas ilimitadas: 37,99 €/mes
  • Fibra 1 Gbps+ liña móbil 50 GB con 120 minutos: 38,49 €/mes
  • Fibra 1 Gbps + liña móbil 50 GB con chamadas ilimitadas: 39,99 €/mes

Nestas tarifas converxentes existe a posibilidade de contratar liñas adicionais desde 3 €/mes, con 4 GB e chamadas ilimitadas.

Máis información | Simyo

Sobre o autor

Reply