Pouco a pouco imos coñecendo os plans de actualización das diferentes marcas a Android 14, e se onte publicamos a listaxe dos modelos de OPPO que recibirán a nova versión de Android, hoxe toca falar dunhas das principais marcas que empregan este sistema operativo. Falamos da surcoreana Samsung, que se ben aínda non publicou as datas de actualización, si que temos a listaxe de terminais que recibirán a nova versión, de acordo cos catro anos de actualizacións que garante a compañía.
Samsung instaurou a política de catro anos de actualizacións de software, para que os seus modelos continúen a recibir novidades pasado un tempo desde que saen ao mercado, e imaxinamos que en breve estes catro anos poderían pasar a sete, seguindo a estratexia marcada por Google no lanzamento dos Pixel 8 e Pixel 8 Pro.
Sexa como for, catro anos de actualizacións fai que sexan moitos os modelos que se beneficiarán de Android 14, que a continuación pasamos a listar:
- Serie Fold: Galaxy Z Fold 5, Galaxy Z Fold 4, Galaxy Z Fold 3.
- Serie Flip: Galaxy Z Filp 5, Galaxy Z Flip 4, Galaxy Z Flip 3.
- Serie Galaxy S: Galaxy S23 Ultra, Galaxy S 23+, Galaxy S23, Galaxy S22 Ultra, Galaxy S22+, Galaxyu S22, Galaxy S21 FE, Galaxy S21 Ultra, Galaxy S21+, Galaxy S21.
- Serie Galaxy A: Galaxy A73, Galaxy A72, Galaxy A54, Galaxy A53, Galaxy A52, Galaxy A52s, Galaxy A34, Galaxy A33, Galaxy A24, Galaxy A23, Galaxy A14, Galaxy A13, Galaxy A04s.
- Serie Galaxy M. Galaxy M54, Galaxy M53 5G, Galaxy M33 5G, Galaxy M23
- Serie Tab (tablets). Galaxy Tab S9 Ultra, Galaxy Tab S9+, Galaxy Tab S9, Galaxy Tab S8 Ultra, Galaxy Tab S8+, Galaxy Tab S8.
Con independencia de cando actualicen estes modelos que xa están no mercado, semella que a próxima revolución software de Samsung verémola co lanzamento da serie Galaxy S, prevista para xaneiro, onde se prevén grandes novidades relacionadas coa intelixencia artificial (IA). O anuncio do Exynos 2400, o último chip fabricado por Samsung, apunta maneiras, xa que é quen de aumentar o rendemento 14,7 veces comparado co anterior.