OnePlus Open: o primeiro terminal encartábel de OnePlus presentarase nunha semana

O próximo xoves, 19 de febreiro, OnePlus celebrará un evento para anunciar o seu novo dispositivo, o primeiro de tipo encartábel, o OnePlus Open. A compañía afirma que o novo teléfono da compañía destacará pola súa dobrez de pantalla “imperceptíbel”, xunt conha experiencia software eficiente e de calidade premium.

Unha filtración recente permitiunos ter unha primeira visual do novo smartphone que prepara OnePlus, que destaca polos seus finos biseis, e unha bisagra tamén máis fina, que fai que sexa máis lixeiro e á vez máis compacto.

O dispositivo contará cunha pantalla interna OLED flexíbel de 7,8 polgadas, e unha externa de 6,31 polgadas. No interior levará un procesador Snapdragon 8 Gen 2, e diferentes versións de almacenaxe, aínda que todo apunta a que teremos unha de 16 GB de RAM e 256 GB de memoria interna.

Como curiosidade, o OpenPlus Open terá unha irmán xemelgo, o OPPO Find N3, un dispositivo de idénticas características, xa que ambas marcas están fusionadas desde 2011. Segundo apuntan as filtracións, o terminal encartábel de OPPO estaría destinado ao mercado asiático, e o de OnePlus para o europeo e Estados Unidos, onde sairía á venda por 1700 dólares.

En calquera caso, nunha semana sairemos de dúbidas, e poderemos ofrecer os datos concretos do novo modelo de móbil encartábel que chegará ao noso país.

Sobre o autor

Reply