Filtrado o deseño do Xiaomi 14 Pro

Estamos a vivir un fin de ano cheo de novidades, no que respecta a terminais Android, coa chegada de numerosos dispositivos adaptados a cubrir diferentes necesidades. Xiaomi está a preparar a renovación da súa gama de referencia, a serie 14, composta polos Xiaomi 14, Xiaomi 14 Pro e Xiaomi 14 Ultra.

Da man dun dos habituais das filtracións, OnlLeaks, vimos de coñecer o deseño que terá o Xiaomi 14 Pro con todo luxo de detalles, tanto a través dun vídeo como de renders que amosan como será por todas as súas aristas. Tamén se descubren algunha das súas características hardware, como veremos a continuación.

A principal novidade respeto ao modelo anterior, o Xiaomi 13 Pro, é que o Xiaomi 14 Pro a aposta por unha pantalla plana, perdendo a curvatura cara os biseis laterais, e ofrecendo un dispositivo máis “recto”. As imaxes tamén amosan que teremos un sistema de catro cámaras na parte traseira do dispositivo, aínda que polo de agora non se coñecen con seguridade as características destas.

En canto ao resto de especificacións, o filtrador avanza que o novo modelo de Xiaomi terá un panel AMOLED de 6,6 polgadas con resolución 2K e taxa de refresco de 120 Hz, un procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3 (está previsto que se actualice a finais deste mes de novembro) e unha batería de 4.860 mAh con carga rápida de 120 W por cable e de 50 W cando se carga sen fíos. Tamén integrará un lector de pegadas dixitais baixo a pantalla e dous altofalantes estéreo con soporte para Dolby Atmos.

Se todo vai segundo o previsto, Xiaomi estaría anunciando estes novos modelos no mes de novembro, xunto a tempo para afrontar a campaña de Nadal.

Sobre o autor

No Responses

Reply