No 2018 Google integrou Discover como pantalla de inicio nos dispositivos móbiles, un feed con contidos recomendos que inclúe información meteorolóxica e enlaces a novas recomendadas de acordo coas nosas buscas e intereses, e que proximamente podería chegar á versión de escritorio.
Esta información chega despois de que un usuario publicase unha captura de pantalla con este servizo na versión de escritorio, cuestión que posteriormente a propia Google confirmou, sinalando que se trata dun experimento que está a levar a cabo actualmente na India.
Non é primeira vez que Google experimenta con integrar outros contidos á pantalla de inicio, xa que o ano pasado tamén apareceu unha pantalla cunha sorte de widgets con información de última hora, prognósticos do tempo e información da bolsa, e pode que proximamente vexamos esta funcionalidade na nosa pantalla de inicio.