O2 mellora a súa tarifa móbil máis ambiciosa

O2, a segunda marca de Telefónica, vén de anunciar novidades na súa tarifa “só móbil” máis ambiciosa, aumentando en 50 GB a franquía de datos que ofrece, sen que isto supoña cambios no prezo mensual. Así, a tarifa móbil con chamadas ilimitadas e 100 GB pasa a ter 150 GB polos mesmos 20 € mensuais.

O cambio producirase a partir de mañá, 18 de outubro, cando estará dispoñíbel para novas contratacións e tamén para a carteira de clientes actuais, sen que estes teñan que facer nada para ver como medran os datos da súa tarifa.

O2 adiántase así a rivais como Digi, Simyo ou Lowi, empatadas nas súas tarifas de 100 GB e chamadas ilimitadas por 20 €/mes (19,95 €/mes, no caso de Lowi), ao ofrecer polo mesmo prezo 50 GB adicionais, o que augura que nos próximos días veremos como outras marcas replican a proposta da segunda marca de Movistar.

Cabe sinalar que a tarifa de O2 de 20 €/mes ofrece, ademáis de chamadas ilimitadas e 150 GB de datos, SMS ilimitados e 5G, baixo a rede de Movistar. Non ten permanencia e conta con eSIM, aínda que a diferenza de outras compañías, non permite acumular os datos non consumidos para o mes seguinte.

Sobre o autor

No Responses

Reply