A web de Honor cumpre dous anos do seu lanzamento, e para celebralo, a compañía vén de anunciar unha promoción que se extenderá até o próximo 31 de outubro, a través da cal as usuarias poden beneficiarse de grandes descontos, tanto en smartphones, como en tablets, accesorios e paquetes de produtos tecnolóxicos.
Entre os smartphones con promoción atopamos o Honor 90, un trebello que destaca pola súa cámara principal de 200 megapíxeles, e que ademais leva unha pantalla OLED curva. A versión de 12 + 512 GB pode adquirirse por 429 € (170 € menos ca o seu prezo habitual).
O Honor 90 Lite, unha versión recurtada do Honor 90, está dispoñíbel cun desconto de 90 €, quedando nos 209 € durante os días de promoción. Incorpora a tecnoloxía HONOR RAM Turbo, que permite adicar parte da memoria flash a incrementar a RAM, de maneira que os 8 GB de RAM poden chegar até os 13 GB (8GB + 5 GB de RAM virtual). Tamén é digno de mención a súa cámara frontal, de 16 MP.
O principal gama alta da compañía, o Honor Magic5 Pro, está dispoñíbel por 899 €, preto de 400 € menos do habitual. Trátase dun dispositivo de alta gama que destaca no aspecto fotográfico, cunha cámara principal formada por tres sensores: un primario de alta resolución de 108 MP, un sensor ultra gran angular de 50 MP e un sensor teleobxectivo periscópico de 64 MP.
Outro smartphone, o Honor Magic5 Lite, ten unha rebaixa de 150 €, podendo mercarse por 259 €. O seu punto forte é a batería, que ofrece unha capacidade de uso de até dous días.
En canto ás tablets, a Honor Pad8, con pantalla 2K de 12 polgadas, está dispoñíbel por 189 €, 160 € menos do seu prezo habitual. Pola súa banda, a Honor Pad X9, con pantalla de 11.5 polgadas e 128 GB de memoria está dispoñíbel cun desconto de 70 #, quedando nos 179 €.
O smartwatch Honor Watch 4, con autonomía de 14 días e control da saúde durante todo o día, queda en 129 € (40 € menos), e a pulseira de actividade Honor Band 7, que inclúe 96 modos de adestramento e 11 modos de adestramento profesional con monitorización en tempo real, en 29,90 € (30 € menos).
Por último, Honor tamén ofrece tres paquetes de produtos:
- Tablet Honor Pad 8 con auriculares sen fíos Honor Earbuds X5 por 209 €.
- Smartphone Honor 90 (12 + 512 GB) + Honor Pad X9 por 499 €.
- Pulseira de actividade Honor Band 7 + smartphone Honor 90 Lite por 219 €.
Para poder desfrutar destas promocións, debemos facer as compras na tenda en liña de Honor, aplicando os diferentes cupóns que sairán ao navegar por ela.