A fibra de 1 Gbps chega a Suop

Cada vez son máis as operadoras que ofrecen fibra de 1 Gbps. Unha das últimas en sumarse a esta velocidade é Suop, unha das compañías que máis destacan por ofrecer un servizo de comunicación sinxelo, personalizábel e a prezos axustados.

A nova fibra de 1 Gbps de Suop pode contratarse de maneira illada ou combinada con liñas móbiles, de maneira que cada usuaria pode adaptarse ás súas necesidades. Trátase dun servizo con velocidade simétrica, que non ten permanencia e que non ofrece servizo de telefonía fixa.

Posibilidades das tarifas

Aproveitando a chegada da fibra de 1 Gbps, a compañía vén de remodelar o catálogo de tarifas, a comezar polo servizo máis básico, de só fibra. A conexión de 1 Gbps simétrico custa 29,89 €/mes, aínda que tamén se ofrece a opción de contratar velocidades de 500 Mbps por 27,89 €/mes ou de 300 Mbps por 24,89 €/mes.

Se queremos combinar servizo de fibra e móbil, Suop ofrécenos de xeito gratuíto dúas liñas de móbil con idénticas condicións, podéndose combinar con diferentes velocidades de fibra, tal e como se indica a continuación:

  • Fibra 1 Gbps + 2 liñas con chamadas ilimitadas e 100 GB por 42,99 €.
  • Fibra 1 Gbps + 2 liñas con chamadas ilimitadas e 50 GB por 39,99 €.
  • Fibra 500 Mbps + 2 liñas con chamadas ilimitadas e 50 GB por 35,99 €.
  • Fibra 500 Mbps + 2 liñas con chamadas ilimitadas e 30 GB por 33,99 €.
  • Fibra 300 Mbps + 2 liñas con chamadas ilimitadas e 30 GB por 31,99 €.
  • Fibra 300 Mbps + 2 liñas con chamadas ilimitadas e 15 GB por 29,99 €.

Quen non queira dúas liñas móbiles pode coller unha soa, e activar a segunda liña se a precisa máis adiante, co mesmo prezo, xa que se tratan de prezos definitivos, nun dunha promoción. Por outra banda, quen precise contratar liñas adicionais, tamén pode facelo a partir de 5 €.

Máis información | Suop

Sobre o autor

Reply