OPPO vén de sumar un novo dispositivo á súa serie A, o OPPO A58. Trátase dun dispositivo de entrada que destaca polo seu deseño coidado, ademais de por apostar por unha pantalla de 6,72 polgas e un sistema de altofalantes estéreo para desfrutar dos contidos multimedia.
Cun peso de 192 gramos e un grosor de 7,99 milímetros, o deseño do OPPO destaca tanto pola parte traseira, cunha curva aerodinámica 2.8D decorada cun panel ovalado arredor dos módulo de cámaras, e un acabado que no modelo en negro crea un efecto de cristal brillante (OPPO Glow), e no verde unha textura semellante á da seda (Glowing Silk Design).
Como xa avanzamos, a súa pantalla é de de 6,72 polgadas. Trátase dun panel Sunlight, con resolución FHD+ (2400 x 1080 píxeles), unha gama de cores DCI-P3 do 100% e un brillo máximo de 680 nits. Ademais incorpora as funcións All-Day IA Eye Comfort, para ofrecer unha experiencia visual máis cómoda para usos prolongados ou con diferentes momentos de luz.
No seu interior leva un procesador MediaTek Helio G85, con 6/8 GB de memoria RAM e 128 GB de almacenaxe interna. Ademais, pode chegar a duplicar a RAM mediante a tecnoloxía de expansión de RAM mediante software, para atender a altas demandas, como as que se producen cando se emprega o terminal para xogar.

O sistema de altofalantes estéreo duais ofrece un 40% máis de volume ca a xeración anterior, ao tempo que introducen un “Modo Ultra Volume” mellorado, que maximiza o son nos altofalantes até un 300%, permitindo desfrutar de música ou escoitar chamadas telefónicas en entornos con moito ruído. Este modo tamén ofrece opcións para aumentar o volume dos auriculares até un 200% durante as chamadas de WhatsApp e Messenger.
Está equipado cunha cámara IA de 50 MP, con soporte de pixel binning (catro píxeles que se combinan para formar un píxel máis grande, preservando os detalles, especialmente con pouca luz), combinada cunha cámara retrato de 2 MP, para ofrecer o efecto de desenfoque. A cámara frontal é de 8 MP.
A súa batería, con 5.000 mAh de capacidade, conta con sistema de carga rápida SUPERVOOC de 33 W, que con 5 minutos de carga garante máis de 3 horas de chamadas telefónicas, mentres que cargalo ao 100% leva 75 minutos. A maiores ofrece funcións de aforro de enerxía, como All-day IA, para momentos nos que quedamos case sen batería e precisamos extender o tempo activo do teléfono.
Dispoñibilidade e prezo
O novo OPPO A58 xa está á venda, tanto a través do e-commerce oficial de OPPO como a través das principais cadeas de distribución de electrónica. Pódese adquirir en dúas cores, Dazzling Green (verde) e Glowing Black (negro), por 219 € na configuración de 6 + 128 GB.