DIGI xa está a probar a fibra de 50 Gbps

DIGI foi o primeiro operador en ofrecer servizo comercial de fibra de 10 Gbps, unha velocidade que tan só ofrece este operador e Orange, quen esta semana confirmaba ter superado o millón e medio de fogares con esta cobertura dispoñíbel. A operadora de orixe rumano vai agora un paso máis aló, ao confirmar que está a probar o servizo de fibra de 50 Gbps, a maior velocidade posíbel cunha latencia inferior a 1 ms.

A rede que DIGI está a despregar en todo o estado, incluíndo as capitais das provincias galegas, xa está preparada para ofrecer este servizo no futuro, polo que as probas actuais estanse a centrar en optimizar todo o proceso para cando sexa posíbel comercializado aos clientes finais, nunha data que polo de agora non foi confirmada.

A fibra de 50 Gbps favorece un uso máis eficiente da enerxía, e o poder descargar gran volume de información no menor tempo posíbel, algo que será de grande utilidade conforme vaian sendo máis habituais as plicacións de realidade virtual ou sos vídeos en 8K.

Rede Aberta probará os 50 Gbps en Galiza

DIGI non será a única operadora que ofrecerá este servizo de 50 Gbps no noso país. Recentemente, Rede Aberta comunicou o inicio das probas para implementar este servizo de alta velocidade nos arredores de Santiago de Compostela durante os primeiros meses de 2024.

Sobre o autor

Reply