Aura Light, o novo flash dos smartphones vivo

Un dos fabricantes que está a dar bastante que falar é vivo, que aos poucos foi sabendo facerse cun oco no mercado do noso país, grazas a un traballo de innovación e adaptación aos cambios. Precisamente unha das últimas innovacións da compañía atopámola no módulo de cámara dun modelo de gama media, o V29 5G, pero nada ten que ver cos seus sensores: falamos de Aura Light.

Trátase dun gran anel de luz, de 15,6 mm de diámetro, capaz de iluminar de forma natural, axustando a temperatura de cor para armonizar o rostro coa luz ambiente, de maneira que o retrato intégrase coa atmósfera ambiental, sen contrastes desagradábeis. Ademais, conta cunha área de emisión de luz nove veces máis potente ca un flash estándar, conseguindo acentuar a ton de pel.

Aura Light integra tamén unha nova función chamada Axuste Intelixente de Temperatura de Cor, que ten por obxectivo axudar a conseguir que as fotografías conten con maior calidade cando as condicións lumínicas non son as óptimas. Isto pode facelo automaticamente, axustando a temperatura de cor de 1800K a 4500K, ou empregando un control manual para crear a atmosfera elixida.

Entre as vantaxes que vivo destaca deste aro de luz, que lembra aos que adoitan empregar as creadoras de contido, están a iluminación uniforme de 360 graos (creando un efecto de luz tridimensional que garante unha iluminación uniforme desde todos os ángulos), a área de emisión de luz 9 veces maior (capaz de producir unha luz suave sen deslumbrar) e un aumento de brillo do 36% (conseguindo que o suxeito fotografado poida verse máis claro e brillante).

Tecnoloxía detrás de Aura Light

En canto á parte técnica, o Aurea Light conta con 4 luces LED incrustadas no aro, dúas frías e dúas cálidas. Para acadar unha iluminación uniforme, os 4 LED colócanse no centro da circunferencia, con LED fríos e cálidos intercalados para manter unha disposición simétrica.

O resultado é que a luz distribúese de xeito uniforme en cada parte do Aura Light, garantindounha temperatura e un brillo de cor constantes.

Sobre o autor

Reply