Xa hai data para o DevFest Santiago de Compostela 2023

O DevFest Santiago de Compostela 2023 xa ten data de celebración. Será o xoves 30 de novembro e venres 1 de decembro, entre as 15.30 e as 20.30h, nas instalacións da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago (USC). Trátase dun dos maiores eventos tecnolóxicos de Galiza, no que se darán cita profesionais, estudantes e persoas afeccionadas.

Os DevFest son eventos dirixidos por e para a comunidade tecnolóxica, que se celebran anualmente por todo o mundo, nos que poder compartir coñecementos e ideas arredor de cuestións como a Intelixencia Artificial (IA) ou o Desenvolvemento Web. Precisamente estas dúas temáticas serán centrais na axenda de conferencias e talleres que se celebrarán en paralelo durante o DevFest de Santiago.

As sesións contarán con expertos de primeiro nivel, como Carlos Azaustre, profesor de creador de contidos dixitais; Mercedes Rodríguez, especialista en IA conversacional; ou Thomas Steiner, doutor en ciencias da computación e especialista de Google en tecnoloxías web, entre outros moitos relatores de alto nivel.

Axenda xoves 30 de novembro

Salón de actos

  • 19.00 – 19.30h. Mutant testing: Que no quede ni uno vivo!, por Rolando Caldas Sánchez.
  • 19.45 – 20.30h. From Werb SQL to SQLite implemented in Wasm and backed by the Origin Private File System, por Thomas Steiner.

Aula de proxectos

  • 16,30 – 18.30h. Clean architecture en Frontend, por Damián Pumar.

Aula 6

  • 16.30 – 18.30h. Test de rendimiento full-stack con Grafana k6, por Daniel González López.
  • 19.00 – 20.30h. Sexo, Inteligencia Artificial y Rock n’Roll, por Javier Menéndez Pallo.

Aula 7

  • 17.30 – 18.30h. Forget your passwords… A new beginning, por Diego Rodríguez Varela, Raúl Piracés e Rubén Gómez García.

Aula 8

  • 16.30 – 17.15h. Revolucionando Telegram: creando bots inteligentes con OpenAI, por Christian Carballo Lozano e Sara San Luís Rodríguez.
  • 17.30 – 18.30h. Creación de contenidos con inteligencia natural, por David Martínez.

Axenda venres, 1 de decembro

Salón de actos

  • 16.00 – 17.00h. Gen AI vs Intent-based: The evolution of Dialogflow, por Mercedes Rodríguez.
  • 17.00 – 18.00h. ¿Vas a ser sustituído por la Inteligencia Artificial?, por Javier Menéndez Pallo
  • 18.30 – 19.00h. IA Generativa: casos de uso en el mundo empresarial, por Tony Doval.
  • 19.00 – 20.00h. Qué hay de nuevo en WEB, por Carlos Azaustre.

Aula de proxectos

  • 18.30 – 20.00h. Suplantado por la Inteligencia Artificial, por Javier Menéndez Pallo.

Aula 6

  • 16.00 – 18.00h. Democratizing Data: From Data Mesh Principles to Day-a-Day Scenarios, por Pablo Formoso Estrada.
  • 18.30 – 20.00h. Kubernetes y la Inteligencia Artificial, por Antonio Ojea.

Aula 7

  • 16.00 – 18.00h. Vulnerando redes neuronales, por Santiago Andrade.

Aula 8

  • Drivengers: The AI game, por Andrea Magán

Entradas para o DevFest Santiago de Compostela 2023

A reserva de entradas é gratuíta, e pode facerse desde este enlace. Ademáis, a organización ten habilitada unha páxina web na que recolle información completa sobre a axenda, as persoas que intervirán nos diferentes talleres e conferencias e outros detalles sobre a loxística, que pode consultarse neste enlace.

Desde a organización destacan que tanto as charlas como os talleres prácticos están pensados para público de todo tipo, desde persoas expertas até o público alleo ao sector sen coñecementos técnicos que puidera estar interesado.

Sobre o autor

Reply