DIGI comeza a ofrecer eSIM

A operadora DIGI vén de anunciar o lanzamento do seu servizo de SIM virtual ou eSIM, ofrecendo á súa clientela unha alternativa que cada vez é máis habitual nos dispositivos electrónicos, no camiño da eliminación das tarxetas SIM físicas.

Integrada no propio dispositivo, a eSIM funciona do mesmo xeito ca unha SIM estándar. A diferenza témola en que resulta máis cómoda, ao non ter que manipular o dispositivo para instalala; máis rápida, pois a súa dispoñibilidade é inmediata; e máis ecolóxica, pois evita tanto envíos como os gastos da súa fabricación. Así mesmo, tamén é compatíbel con dispositivos que xa non ofrecen alternativa de SIM física, como certos smartwatches.

Solicitar eSIM en DIGI

As usuarias de DIGI interesadas na eSIM deben consultar se o seu dispositivo é compatíbel nesta páxina, e a continuación solicitala. Poden facelo desde o espazo “Mi DIGI”, ou ben por teléfono chamando ao 1200 (gratuíto desde teléfonos DIGI) ou ao 642 642 642 (desde outros operadores).

Cando o fagan recibirán un correo electrónico cun código QR e os datos da súa nova SIM virtual, así como tamén información cos pasos necesarios para activala no seu móbil.

Sobre o autor

Reply