finetwork pecha outubro superando o millón de clientes

A operadora de baixo custe finetwork acadou no mes de outubro 55.000 altas netas (85.000 brutas), o seu récord histórico, o que lle permitiu rebasar a cifra simbólica do millón de clientes. Isto prodúcese despois dun setembro tamén de récord, no que rexistrou 36.000 altas netas, e vai na liña do plan estratéxico definido pola operadora para o 2023 – 2027.

finetwork, que ofrece servizos de conectividade para o mercado residencial e empresarial (B2B) marcou como prioridade o pasado mes de abril dobrar o número de clientes, polo que as boas cifras de crecemento amosan que a compañía está no bo camiño para conseguilo.

A operadora ofrece tarifas de móbil a partir de 7,90 €/mes e fibra desde 22,90 €/mes. Nos últimos tempos especializou a oferta nos plans combinados de fibra e móbil, engadiu dispositivos aos seus plans e tamén ofrece servizo de televisión e suscrición a Amazon Prime.

De operadora local a referente

finetwork comezou a operar en 2015 en Villena, Alacant, a nivel local, e tan só catro anos despois deu o salto ao conxunto do Estado. O crecemento experimentado pola compañía permtiu ampliar o plantel, e xa conta con 333 traballadoras repartidos nos seus centros de Elda, Alacant e Madrid.

Sobre o autor

No Responses

Reply