Pasado o Día de Defuntos, as compañías comezan a informar das súas promocións polo Black Friday. A operadora Vodafone, que vén de ser adquirida polo fondo británico Zegona, adianta estes descontos, que xa poderán desfrutar desde este venres 3 de novembro e até o 4 de decembro.
A oferta de Vodafone polo Black Friday destaca pola oferta de multitude de dispositivos con até un 80% de desconto, incluíndo ademais o envío gratuíto a domicilio. Entre estes dispositivos atopamos, ademais de smartphones, Smart TVs, tablets, videoconsolas, smartwatches, patíns eléctricos e outros dispositivos para o fogar, entre outros.
Este conxunto de ofertas estarán dispoñíbeis para a nova clientela que porte a súa liña de móbil a unha tarifa Vodafone Ilimitada Max, que inclúe unha liña de móbil con chamadas e datos ilimitados a máxima velocidade 5G por 35,60 €/mes, ou calquera tarifa superior. A clientela actual poderán comprobar os seus descontos a través da súa oferta personalizada a través da aplicación Mi Vodafone.
Oferta Black Friday de Vodafone
Entre os dispositivos máis destacados desta oferta de Black Friday de Vodafone están a videoconsola PlayStation 5 con lector de discos, dispoñíbel cun 35% de desconto por 14,99 €/mes durante 24 meses; o smartphone Xiaomi 13T, cun 45% de desconto por 14,99 €/mes durante 24 meses; o portátil Samsung Galaxy Book 2 GO, cun 52% de desconto por 11,99 €/mes durante 24 meses; a TV LG 55″ UHD 4K 55UR78, cun 56% de desconto por 11,99 €/mes durante 24 meses; o smartphone OPPO A98 5G, cun 70% de desconto por 4,99 €/mes durante 24 meses; o patinete Xiaomi Electric Scooter Essential, cun 66% de desconto por 4,99 €/mes durante 24 meses; o smartwatch Xiaomi Redmi Watch 3, cun 80% de desconto por 0,99 €/mes durante 24 meses; o smartphone Xiaomi Redmi 12C 128 GB, cun 88% de desconto por 0,99 €/mes durante 24 meses ou o smartphone Xiaomi Redmi A2, dispoñíbel de balde para a nova clientela que faga unha portabilidade a unha tarifa converxente.
Ademáis, a nova clientela que porte o seu contrato á tarifa yu Móvil + Fibra poderá desfrutar dunha selección de smartphones e dispositivos a 0,99 €/mes durante 24 meses.
Cómpre destacar que os dispositivos promocionados contan coas vantaxes do programa Vodafone Flex, que permite pagar sen xuros os dispositivos durante 24 meses; aforrar entregando os seus dispositivos antigos co programa Re-Estrena ou acceder ao seguro Vodafone Care cunha promoción de 3 meses de balde.
OneNumber de balde 3 meses
As persoas que adquiran un smartwatch Samsung Galaxy Watch6 ou un Xiaomi Watch 3 Pro terán o servizo MultiSIM OneNumber durante 3 meses de balde. Este servizo permite conectar calquera dispositivo (reloxo, tablet, portátil, Alexa, …) usando os datos e minutos incluídos na tarifa.
Promocións para xa clientes
A clientela actual de Vodafone tamén incorporará a todas as súas canles de venta durante estas semanas promocións e ofertas exclusivas para clientes, nos que poderán conseguir produtos agrupados por categorías a mellores prezos durante tempo limitado, incluíndo terminais, reloxos, auriculares e produtos smarttech, como fritidoras ou aspiradoras.
Desde o Marketplace de Vodafone, accesíbel desde a app Mi Vodafone, tamén terán acceso a produtos con até un 60% de desconto en categorías como electrónica, mobilidade urbana, xoguetes, fogar e bricolaxe. Durante o CiberMonday haberá ademáis ofertas flash de produtos de informática e gaming.