A Cátedra R entrega os seus galardóns para destacar o traballo en Ciberseguridade na comunidade universitaria

Este venres entregaranse os V Premios Cátedra R en Ciberseguridade UVIGO-UDC, no marco do foro CIBER.gal, uns galardóns cos que se pretenden destacar os traballos en Ciberseguridade entre a comunidade universitaria galega.

En total entregaranse seis distincións aos traballos académicos, dous correspondentes Traballos de Fin de Grao (permiados con 400 € cada un) e catro a Traballos Fin de Máster (dotados con 600 euros cada un).

A Ciberseguridade como prioridade

A seguridade dos sistemas e a protección dos datos converteuse nunha prioridade para as compañías galegas, tamén para as pequenas e medianas empresas, cada vez máis conscientes do que pode supór un ciberataque en canto a perdas de información, recursos ou mesmo reputación.

Dentro da área de empresas, R presume de ter respondido a esta preocupación con solucións específicas que permiten a máis de 7.000 empresas galegas acceder a solucións avanzadas capaces de asegurar a información crítica da empresa, ao tempo que tamén teñen acceso ao soporte dun experto dixital para adoptar medidas para protexer a rede, a tecnoloxía e dos datos fronte ataques de virus e malware.

Un lustro da Cátedra R

A Cátedra R en Ciberseguridade, impulsada polo operador galego e as Universidades da Coruña e Vigo, cumpre en decembro cinco anos de traballo e de colaboración público – privada en materia de ciberseguridade, cos obxetivos académicos e empresariais de investigar, divulgar e fomentar o talento nesa área.

Sobre o autor

Reply