WhatsApp permitirá configurar dúas fotos de perfil diferentes para contactos e descoñecidos

Como xa ten pasado con outras novidades da aplicación, a análise dunha nova beta de WhatsApp permite descubrir que vai ser o próximo que poderemos desfrutar na versión estábel da app. Desta vez, a novidade ten que ver co noso perfil, onde poderemos establecer dúas versións, dependendo de se quen o consulta é contacto noso ou non.

Isto significa que poderemos ter un perfil cunha imaxe que poden ver as nosas amizades (isto é, se ambos nos temos na aplicación) e outro perfil para quen non o é, dando máis posibilidades que amosar a habitual silueta gris actual.

Como se pode ver na captura de pantalla anterior, tamén se va poder especificar que vexan a nosa foto de perfil todos os nosos contactos agás algunha persoa que non nos interese que teña acceso a ese perfil, polo que as posibilidades se amplían.

O próximo paso, tras unhas semanas na versión beta, é que esta funcionalidade chegue á versión final da aplicación, que poderemos descargar cando estea dispoñíbel desde a Play Store.

Máis info | WA Beta info

Sobre o autor

Reply