Hai uns días O2 anunciou o aumento na franquía de datos da súa tarifa de 100 GB, que pasou a 150 GB mantendo a mesma cota de 20 euros mensuais, un movemento que auguraba cambios na competencia. No caso de Simyo estes cambios veñen de producirse, e aproveitando o inminente Black Friday, a operadora low cost vén de anunciar diversas novidades.
Unha desas novidades é precisamente o aumento da franquía de datos, polo que tanto os novos clientes como os actuais poderán desfrutar de liñas móbiles con 150 GB e chamadas ilimitadas por 20 €/mes. Así mesmo, tamén lanza unha nova tarifa para as persoas que precisan poucos datos, que ofrece chamadas ilimitadas e 4 GB de datos por 5 €/mes.
Os dispositivos móbiles que comercializa Simyo tamén están en oferta polo Black Friday até o 30 de novembro, cun desconto no Samsung Galaxy S23 de 120 €, no TRedmi 12 de 40 € e no TCL 40 SE de 21 €, podéndose mercar por 635 €, 145 € e 99 €, respectivamente.
Ofertas de Simyo en fibra e móbil
As ofertas tamén chegan aos combinados de fibra e móbil. Até o de agora, a compañía ofrecía un aforro de catro euros mensuais na cota de fibra ao combinarse con tarifas de móbil a partir de 14 €. Agora vén de rebaixar este mínimo a 10 €, polo que xa é compatíbel coa tarifa de 20 GB con chamadas ilimitadas por 10 €. Isto abre a porta a novas opcións, que se adaptan ás diferentes necesidades:
- Fibra 300 Mbps + móbil (ilimitadas + 20 GB): 31,99 €/mes.
- Fibra 300 Mbps + móbil (ilimitadas + 50 GB): 35,99 €/mes.
- Fibra 300 Mbps + móbil (ilimitadas + 150GB): 41,99 €/mes.
- Fibra 600 Mbps + móbil (ilimitadas + 20 GB): 33,99 €/mes.
- Fibra 600 Mbps + móbil (ilimitadas + 50 GB): 37,99 €/mes.
- Fibra 600 Mbps + móbil (ilimitadas + 150 GB): 43,99 €/mes.
- Fibra 1 Gbps + móbil (ilimitadas + 20 GB): 35,99 €/mes.
- Fibra 1 Gbps + móbil (ilimitadas + 50 GB): 39,99 €/mes.
- Fibra 1 Gbps + móbil (ilimitadas + 150 GB): 45,99 €/mes.
Con estas novidades, e as que Simyo foi incoporando nas últimas semanas, como a compatibilidade co VoLTE e VoWiFi, semella que Orange ten intención de seguir promocionando a súa segunda marca, que de seguro xogará un papel protagonista na fusión do Grupo Orange co Grupo Másmóvil, do que cada vez temos máis pistas.