Movistar e Orange avanzan no despregamento do 5G SA (5G+)

Xa pasou bastante tempo desde que as operadoras comezaron a ofrecer 5G no conxunto do Estado, se ben é certo que o que estaban a facer era dar cobertura 5G Non Stand Alone (NSA), unha sorte de 4G vitaminado. Porén, esta versión dista do que se prometeu como as grandes vantaxes do 5G, ligadas ao 5G Stand Alone (5G SA), que comercialmente foi bautizado como 5G+, que xa está dispoñíbel nalgúns operadores.

Orange foi pioneira en comezar a expandir o 5G+ a comezos de ano, chegando a 5 cidades inicialmente, que agora xa suman 49, entre as que se sitúan A Coruña e Vigo. O resto de localidades con cobertura 5G+ de Orange son: Alacant, Alcorcón, Badajoz, Badalona, Barcelona, Barakaldo, Bilbao, Cádiz, Castelló, Hospitalet, Huelva, Jaén, Las Palmas, Leganés, Logroño, Madrid, Málaga, Palma, Pamplona, Sabadell, Sant Adrià de Besòs, Santa Coloma de Gramanet, Sevilla, Tenerife, Valencia, Valladolid, Vitoria, Zaragoza, Murcia, Elx, Santander, Salamanca, León, Benidorm, Gijón, Oviedo, Córdoba, Granada, Jerez de la Frontera, Almería, Donostia, Getafe, Dos Hermanas, Alcobendas, San Sebastián de los Reyes, Coslada e Pozuelo de Alarcón.

Pola súa banda, Movistar puxo en marcha a cobertura 5G+ inicialmente en 11 cidades, incluidas as galegas Ferrol e Vigo. O resto de cidades que teñen cobertura desta compañía son Madrid, Barcelona, Málaga, Sevilla, Palma de Mallorca, Las Palmas de Gran Canaria, Ávila, Segovia e Castelló.

Para poder desfrutar da cobertura 5G+ non só é necesario estar nunha zona con cobertura, senón tamén ter un dispositivo homologado polo operador, un requirimiento que está a facer que o despregamento sexa algo máis lento do habitual.

Dispositivos homologados para 5G+

O listado de dispositivos homologados por Orange para funcionar con 5G+ inclúen modelos das marcas Samsung, Xiaomi e Apple, se ben indican que no caso dos dispositivos de Apple é preciso verificar que a SIM sexa tamén compatíbel para poder desfrutar desta cobertura. No concreto, os dispositivos homologados pola operadora laranxa son os seguintes:

  • Samsung: serie Galaxy S22; serie Galaxy S23; Galazy Z Fold 3, 4 e 5; Galaxy Z Flip 3, 4 e 5; Galaxy S21 FE 5G; Galaxy A54 5G, Galaxy A34 5G, Galaxy A13, Galaxy A14, Galaxy A33.
  • Xiaomi: 12, 12 Pro, 12T, 13 e 13 Pro.
  • Apple: serie iPhone 14, serie iPhone 15, iPadr Pro de 11 e de 12,9 polgadas.

Pola súa banda, Movistar centrouse unicamente en modelos de Xiaomi, aínda que previsibelmente semella que axiña tamén estarán incluídos de maneira oficial os terminais de Samsung, xa que na rede poden atoparse comentarios de usuarios de modelos do fabricante surcoreano actualizados a OneUI 6 (a última versión da interface de Samsung con Android 14) que xa poden conectarse a esta rede.

O listado de dispositivos homologados por Movistar actualmente inclúe os seguintes modelos:

  • Xiaomi: serie Mi 11 (11, 11 Lite 5G, 11 Lite 5G NE, 11i, 11T), serie Xiaomi 12 (12, 12 Lite, 12T, 12T Pro), Redmi 10 5G e serie Redmi Note (10, 11 Pro 5G, 11S 5G).

Vantaxes do 5G+

Entre as vantaxes do 5G+ destacan a velocidade (até 1,6 Gbps de baixada), a mellora da cobertura en interiores e a menor latencia, así como tamén e a baixada no consumo enerxético da rede, que se calcula nun 90% menos ca as redes 5G NSA.

Sobre o autor

Reply